Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”0px” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=”” margin_top=”0px”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ type=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0″ margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”true” min_height=”” hover_type=”none” link=”” first=”true”][fusion_text]

Coa abstención do PP, foi rexeitada a moción da Alianza pola Emerxencia Climática, formada por 50 colectivos.

O argumento do PSOE foi que “as medidas que se propoñen non son de ámbito local”. Convidamos ao grupo socialista a reconsiderar este erro canto antes

O grupo municipal da Marea Atlántica, a petición da Alianza pola Emerxencia Climática, presentou no Pleno Ordinario de setembro unha moción que procuraba o apoio do Concello da Coruña á Folga Mundial polo Clima convocada para este 27 de setembro, e o recoñecemento da ameaza que supón o cambio climático. Sorprendentemente foi rexeitada polos votos en contra de PSOE e Ciudadanos, coa abstención do Partido Popular e o voto a favor do BNG.

emergencia-climáticaOs argumentos do Partido Socialista para votar en contra foron que “as medidas que se propoñen non son de ámbito local”, coma se o cambio climático entendera de termos municipais. Nun momento no que o verán rematou con seca e incendios en todo o mundo, deixando paso a días de choivas torrenciais no Mediterráneo, as consecuencias do quentamento global fanse moi evidentes. Estamos ante unha grave crise ecolóxica, que pon en perigo a todo o planeta e os seus ecosistemas. Negala con argumentos localistas é unha terrible cegueira. A cidade da Coruña non se vai mover do planeta Terra e, como sinalou María Garcia, “a comunidade científica leva tempo advertindo de que nos achegamos a un punto de non retorno”.

A Alianza pola Emerxencia Climática está formada por unhas 50 entidades (Amigos da Terra, ATTAC, CGT, Ecoloxistas en Acción, Adega, Greenpeace, Rede Ecofeminista, SEO Birdlife, USO ou WWF, entre outras) está a trasladar esta moción a varios concellos e parlamentos do Estado. Hai pouco foi aprobada en Vigo cos votos a favor do PSOE, o que aínda fai máis incomprensible a actitude do Partido Socialista da Coruña. Pero non é tarde para reconsideralo. É importante que a nosa cidade recoñeza a emerxencia climática. A cidadanía pídenos medidas vinculantes e prazos concretos, e temos a responsabilidade de asumilas.

En todo caso, desde a Marea Atlántica non temos dúbidas: o 27 de setembro apoiaremos a Folga polo Clima. Porque non hai planeta B.

Conciencia climática

Durante o mandato anterior, demostramos que se pode gobernar con conciencia climática, con políticas como renovar o contrato de subministro eléctrico co Concello, de 7 millóns de euros, coa condición de que o 100% da enerxía proveña de fontes renovables. Tamén introducimos melloras de eficiencia enerxética nos edificios municipais e no alumeado público en barrios como Os Rosais e no trazado da Rolda de Outeiro, desenvolveuse na depuradora de Bens un proxecto de produción de biogás a partir das augas fecais, que xa a está a mover buses interubanos na nosa contorna, reducíronse as verteduras contaminantes nun 80%, plantáronse 1.500 árbores, baixouse o billete do bus para favorecer o transporte público fronte ao coche, creouse o Plan de Infraestrutura Verde…

A loita contra o cambio climático é central no traballo politico da Marea Atlántica, e queremos que o siga sendo neste mandato. Por iso, un dos puntos centrais do acordo que asinamos co PSOE para os vindeiros meses é a creación dun operador eléctrico municipal con prioridade polas enerxías renovables. Neste documento está, tamén o desenvolvemento  dos novos contratos de recollida e tratamento de lixo, deseñados para orientarse cara o residuo cero, e a continuidade do proxecto Bosques da Coruña para gañar zonas verdes.  Cumprir estes acordos é un compromiso que beneficiará a todo o planeta.

Mocións aprobadas

photo_2019-09-12_13-11-27A primeira das nosas mocións conseguiu que o Concello da Coruña se sumase á xornada de #EmerxenciaFeminista declarada polos movementos sociais para o vindeiro 20 de setembro, despois dun verán negro marcado pola violencia machista. Só no mes de xullo unha muller foi asasinada cada dous días. O mesmo pleno de hoxe comezou con 19 minutos de silencio, tantos como feminicidios cometidos desde o anterior. A moción foi aprobada coa única abstención de Ciudadanos, e insta a o goberno municipal a iluminar de violeta o Concello na noite do 20S e a apoiar a convocatoria que o movemento feminista convoca ese mesmo día, ás 20.30, no Obelisco.

Doutra banda, o grupo municipal da Marea Atlántica solicitou que siga adiante o proceso de remunicipalización de toda a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, iniciado no anterior mandato. Foi aprobada cunha emenda do PSOE, que sumou o texto do seu acordo político co BNG, sumando así unha maioría de progreso para apoiar a moción. Gañouse un compromiso de defender os postos de traballo e completar a recuperación das bibliotecas, un orgullo para a cidade, antes de que remate este mandato. Desde a dereita, PP e Ciudadanos, rexeitouse a proposta de facerlle fronte ás leis de austeridade. Ningunha sorpresa.

O Pleno deixou unha boa nova en forma de compromiso renovado coa recuperación do bordo litoral da Coruña e a súa integración na cidade. A través do diálogo, e recollendo os avances do mandato anterior, emendouse unha moción partidista do PP para engadir a condonación da débeda, a xestión dos terreos a través dun ente público, o financiamento da conexión ferroviaria ao porto exterior e a creación dunha comisión especial no Concello. Así puido ser aprobada por unanimidade.

[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

PSOE e Ciudadanos suman votos no Pleno para rexeitar a Emerxencia Climática