Saltar ao contido

Xanela de proxectos

Que é a Xanela de Proxectos?

A Marea Atlántica naceu como unha plataforma cidadá para trasladar ao eido institucional os valores que caracterizan á nosa cidade e ás súas xentes: os dunha vila atlántica e heteroxénea, de carácter aberto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario.

Dende o noso compromiso coa cidade nace esta Xanela de Proxectos coma unha convocatoria anual que busca apoiar economicamente proxectos sociais que contribúan á transformación social, política e económica cara un modelo de cidade máis xusto, equitativo e sostible. En 2022 convócase a III edición da Xanela de Proxectos.

Quen pode participar desta convocatoria?

Calquera entidade xurídica, asociación, fundación ou cooperativa sen ánimo de lucro que teña o seu ámbito de actuación na cidade da Coruña.

Como se financia?

Cos excedentes salariais dos cargos públicos da Marea Atlántica, aplicando os límites establecidos no noso Código Ético, e cumprindo o mandato de destinalos ao financiamento de proxectos e fins de ben social.

Como contactar?

No enderezo electrónico: proxectos@mareatlantica.org

Enderezo físico

Local da Marea Atlántica
Plaza dos ovos 2, baixo. A Coruña.

Prazos

ProcesoData
Constitución do tribunal e comité avaliador15 de setembro de 2022
Publicación da convocatoria16 de setembro de 2022
Prazo presentación online dos proxectosDo 17 de setembro ao 31 de outubro de 2022
Avaliación10 de novembro de 2022
Publicación resultados11 de novembro de 2022 – descarga o resultado da convocatoria
Prazo de seguimento e realización dos proxectosAta seis meses dende a adxudicación definitiva e sinatura dos convenios.

A xustificación económica farase en dous tramos:

  1. Ata o 31 de decembro de 2022.
  2. Dende o día 1 de xaneiro do 2023 ata a data de finalización de cada proxecto

Para enviar un proxecto na Xanela dos Proxectos, as entidades solicitantes deberán cubrir o formulario que se atopa no link a continuación