Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Oito colectivos profesionais, entre eles varios cos que mantivemos xuntanzas nas últimas semanas, reclaman apoio das administracións a un sector fundamental

Solicitan que a Xunta declare a cultura como ben de primeira necesidade e apoio do resto das administracións, comezando polos concellos

O grupo municipal da Marea Atlántica traslada hoxe o seu total apoio ao manifesto de oito asociacións profesionais para reclamar un trato igualitario para a Cultura á hora de aplicar as restricións sanitarias derivadas da pandemia. Denuncian que a falta de claridade da normativa e a falta de apoio das administracións a un sector fundamental están a levar ás empresas culturais a unha situación insostible. É urxente corrixila e deixar claro que a cultura é segura. 

Desde xeito, colectivos das artes escénicas, cooperativas culturais, festivais de cinema, musica e xestión cultural reclámanlle á Xunta que declare a Cultura como ben de primeira necesidade, que fixe unhas normas claras e inequívocas, e que aumente o aforo dos recintos culturais ata o mínimo do 50%, equiparable ao doutros espazos públicos. No caso de rebrotes, solicitan que as limitacións se fixen en función do aforo total da sala, non con termos absolutos, “pois non ten sentido que auditorios de 1.000 persoas se vexan limitados a 70”. 

Ás demais administracións, comezando polos concellos, pídeselle que manteñan a súa aposta pola actividade cultural, conservando as partidas orzamentarias en lugar de reducilas. Tamén suxiren que os contratos para a celebración de espectáculos inclúan cláusulas e alternativas para cubrir a posible cancelación por mor dun rebrote. 

Nesta liña, e como vimos facendo desde hai meses, apelamos ao goberno municipal da Coruña a escoitar ao sector e a facer da cidade un porto refuxio para a cultura. Deben evitarse situacións como as actuacións musicais vinculadas ao plan de choque conta a COVID, que acumulan cancelacións porque o equipo de Inés Rey non ofrece espazos alternativos en caso de mal tempo. Na Coruña, en outono, son xa ducias as cancelacións que deixan sen alternativa ás artistas. 

Máis de 30.000 postos de traballo

O manifesto lembra, ademais, que a cultura representa o 3% do PIB e máis de 30.000 empregos en Galicia, polo que apoialo non é só unha cuestión artística e educativa, tamén económica. 

O texto foi asinado por Escena Galega, Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Asociación Galega de Salas de Música (Clubtura), Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta), Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal), Músicas ao Vivo e Unión de Cooperativas de Galicia (Espazo Coop).

Con varias destas entidades mantivemos conversas nas últimas semanas, como Clubtura e Músicas ao Vivo. Hoxe mesmo, o vicevoceiro da Marea Atlántica, Iago Martínez, reuniuse coa asociación de xestores e xestoras culturais (AGPXC), á que lle trasladou todo o noso apoio ás súas demandas. 

[/fusion_text][fusion_separator style_type=”default” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica apoia o manifesto das asociacións profesionais contra a discriminación da cultura