Dende a Marea Atlántica querémoste convidar a participar dun xeito activo nas próximas Eleccións Municipais que terán lugar o vindeiro 24 de maio.
Ese día é importante que nos visualicemos nos distintos Colexios Electorais, de forma que de ser posible esteamos presentes, ben coma interventoras/es ou apoderadas/os, en cada unha das mesas dos 105 Colexios Electorais que hai na Coruña.
Para resolver posibles dúbidas e vexades o sinxelo das funcións que desenvolven interventoras/es e apoderadas/os convidámosvos a unha sesión informativa, aproximadamente dunha hora.
Podemos contar contigo?
Se a túa resposta é si é necesario que cubras este formulario.
Grazas por participar, moitas pingas fan unha marea!