Saltar ao contido

A Deputación da Coruña achegará o 80% do custo total do proxecto de ampliación e mellora do edificio que acolle ao Club Remo Puebla, con grande arraigo nesta vila

O edificio de usos náuticos da Pobra do Caramiñal contará co investimento da Deputación da Coruña para a súa ampliación e mellora, unha iniciativa na que traballou o Grupo Provincial da Marea Atlántica e que irá ao Pleno o vindeiro 25 de marzo.

Esta actuación enmárcase dentro dos acordos impulsados pola Marea Atlántica con cargo aos orzamentos 2022 da institución provincial, polo que a Deputación achegará un 80% dos custos, un total de 300.00 euros dun orzamento que ronda os 395.000 euros, e que se completará con fondos do Concello da Pobra.

A este respecto, o noso deputado provincial, Alberto Lema reuniuse recentemente co alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, e coas concelleiras Patricia Lojo e Estefanía Ramos. Segundo declarou Lema, quen ademais agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña con este proxecto, “trátase dun proxecto ambicioso e de especial calado, tanto pola súa envergadura como pola mellora que suporá para estas instalacións e os servizos que presta, sobre todo ao deporte do remo, representado no Cub Remo Puebla, cun forte arraigo na Pobra.” 

 

 

 

 

 

 

Melloras na estrada provincial DP 6706

Por outra banda, durante a visita, Alberto Lema puido comprobar a necesidade de mellorar a seguridade do tramo da estrada provincial DP-6706, á altura do punto quilométrico 1,22, cunha visibilidade nefasta,  sen beirarrúas e que pon en perigo aos peóns cando coinciden con tráfico pesado.

Apoiamos o investimento para a ampliación do edificio de usos náuticos da Pobra do Caramiñal, que se aprobará no vindeiro Pleno da Deputación