Na súa edición de hoxe, nun gráfico que acompaña unha información sobre o panorama pre-electoral en Galicia, La Voz de Galicia dá dous datos erróneos sobre a Marea Atlántica. Primeiro, exclúenos da lista de procesos que escollerán as súas candidaturas tras unhas primarias abertas. E, en segundo lugar, emprega o nome e a imaxe dun dos nosos voceiros rotatorios como “posible” candidato á alcaldía da Coruña en maio de 2015.
Como vimos dicindo cada vez que temos oportunidade, e como reiteramos o pasado 1 de outubro en rolda de prensa e uns días máis tarde na nosa comparecencia no plató de Via V, a candidatura da Marea Atlántica será o resultado dun proceso de primarias abertas. Tanto a metodoloxía precisa desas primarias abertas como as datas nas que se celebrarán sairán da Marea Viva, un foro de varios días para preparar a última fase do proceso, que terá lugar nos primeiros días de decembro.
Os comentarios están pechados.