Saltar ao contido

De cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, a Marea Atlántica habilitou unha conta bancaria para que as persoas que o desexen poidan facer a súa achega económica, para axudar a sustentar os gastos da campaña electoral.

Como sabedes, o financiamento da Marea Atlántica  faise sen padriños, sen empresas nin asociacións e, por suposto, sen bancos e sen hipotecas, co único obxectivo de  manter a autonomía e a independencia fronte a ningún tipo de interese.

Unicamente son aceptadas as doazóns da xente, dentro das posibilidades de cadaquén.

Por iso, se queres participar coa túa achega para seguirmos construíndo unha cidade máis xusta, verde, feminista e democrática, podes facelo mediante transferencia bancaria á conta: ES65 3070 0044 5363 5432 8228

Na transferencia debe constar: nome e apelidos – D.N.I. – enderezo – o concepto “achega eleccións municipais 2023” (de non caber o concepto completo, por favor, envíanolo por email a ola@mareatlantica.org)

Grazas. Hai Marea!

Por que facemos unha campaña de doazóns?

Para manter unha autonomía total respecto de todas as entidades financeiras.

Os partidos políticos sufragan os seus gastos de tres maneiras:

  • Mediante as subvencións públicas que reciben segundo os seus resultados electorais
  • Mediante créditos bancarios
  • Mediante fondos ordinarios do partido

As subvencións electorais só chegan pasado un ano da campaña, por iso os partidos adoitan recorrer a outros fondos de financiamento, por exemplo os créditos bancarios. Na Marea Atlántica queremos facer política dun xeito diferente. O noso código ético estipula claramente que renunciamos a pedir créditos bancarios que poidan coartar a independencia política da candidatura. Esta decisión lévanos a explorar outras formas de financiamento. Para iso, pedimos a participación cidadanía: queremos que a nosa lealdade estea coa xente e non cos bancos.

Porque nós non temos hipotecas. Nin as queremos.

Campaña de achegas: sen bancos, sen hipotecas. Coa xente.