Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

O segundo peche dos centros de dia ordenado pola Xunta deixou a milleiros  de persoas maiores e dependentes sen alternativa. Varios anciáns faleceron sos nas súas casas, vítimas da soidade e do deterioro físico e cognitivo

Na área sanitaria da Coruña e Cee están pechadas o 55% das prazas 2.625 prazas dispoñibles nestes servizos

A Xunta está a desobedecer a normativa estatal, que sinala os centros de día como servizos esenciais. Esiximos que os abra, gardando os axeitados protocolos e medidas sanitarias


María García, voceira municipal da Marea Atlántica, denuncia que a Xunta de Galicia abandonou completamente os centros de día, deixándoos pechados por segunda vez durante a pandemia, “sen ningún tipo de alternativa para os milleiros de persoas maiores e dependentes que precisan coidados”. Como sinala García, “é unha irresponsabilidade gravísima, que está a custar vidas. Hai usuarias que non teñen familiares preto e que precisan da axuda e supervisión profesional, e ao carecer dela están a falecer soas na casa, vítimas do deterioro físico e cognitivo”. 

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

María García mantivo esta semana unha xuntanza con Olga Pedre, da Plataforma de Centros de Día de Galicia, e recolle a súa petición para que “os centros de día sexan considerados servizos esenciais, tal e como sinala a normativa estatal que a Xunta teima en ignorar”. Segundo os datos da plataforma, na área sanitaria da Coruña e Cee están pechadas o 55% das prazas 2.625 prazas dispoñibles en centros de día. Nestes momentos de emerxencia social e sanitaria, 57 instalacións están sen funcionamento. 

Gardando as axeitadas medidas sanitarias, deberían poder seguir dando servizo, como mínimo, a aquelas persoas que viven en soidade e non teñen máis opcións. Porén, mesmo é posible ir máis aló e prestar servizos coma o rastrexo de casos de COVID-19 entre as usuarias e as súas familias, a entrega de comida a domicilio ou a axuda no fogar, algo que xa se está a facer noutras comunidades. 

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9292|400″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”10″ bordercolor=”#e5e5e5″ borderradius=”” align=”center” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/09/MaríaGarcía-OlgaPedre-400×267.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Axuda para as pequenas entidades do sector

Ademais, a situación está a ser especialmente grave para as entidades pequenas, que se encargan de centros de día en barrios e localidades onde moitas veces non hai outras alternativas. O prolongado tempo de peche pode levar ao seu peche, e con elas, á desaparición definitiva do servizo. Neste sentido, esiximos que a Xunta de Galicia contemple o apoio necesario para o colectivo, asociacións, autónomos e pemes do sector. 

O Concello da Coruña, malia non ter competencias directas na materia, non debera permanecer de brazos cruzados nun asunto tan importante. Solicitámoslle ao goberno municipal que estude o xeito de axudar ás familias afectadas e ás pequenas entidades, ben economicamente, ben a través do reforzo dos servizos sociais. 

[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica denuncia o total abandono dos centros de día a mans da Xunta de Galicia