Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

Coincidiron en que o momento actual esixe actuar con responsabilidade e xenerosidade, para facer posible un proceso amplo e integrador

Seguindo a rolda de contactos coas diversas organizacións e forzas políticas que poidan participar en posibles procesos de confluencia a nivel galego, o Grupo de Apertura da Marea Atlántica reuniuse con representantes de Podemos Galicia o 12 de agosto, ás 9.30 horas, na sede da plataforma cidadá na rúa Pontejos.

A xuntanza transcorreu nun clima de cordialidade no que se analizou a situación actual e os diversos procesos políticos que se están a desenvolver, mantendo unha boa sintonía na interpretación que se fai dos mesmos. Tanto a Marea Atlántica como Podemos Galicia coincidiron en que o momento esixe actuar con responsabilidade e xenerosidade para facer posible que se materialice un proceso amplo de confluencia. A Marea Atlántica pon a súa experiencia acumulada ao servizo das iniciativas en marcha, e anima ás forzas políticas a continuar traballando por ese espazo común no que todas nos sintamos integradas.

A Marea e Podemos Galicia analizaron os procesos de confluencia