Mareas

xornada_troco_palavea

Xornada de troco da Marea de Palavea, Pedralonga e Sta. Xema.

A Marea de Palavea, Pedralonga e Santa Xema realizará, o vindeiro domingo 20 de setembro, unha xornada de troco na que todas as persoas que queiran achegarse poderán intercambiar obxetos en bo estado.

A cita será das 12:00 ás 14:00 hs, na piscina da Fábrica de Armas.

TROCO : OFRECE O QUE CHE SOBRA E TOMA O QUE PRECISES

– Porque o diñeiro non o é todo e a súa dictadura tráenos a miseria
– Porque é posible pensar colectivamente
– Porque é posible axudarnos máis
– Porque é posible confiar nas persoas
– Porque con accións pequenas imos construíndo unha sociedade mellor

Invitamos a todas as persoas as que lles apeteza pasar unha mañá de domingo (soleada, segundo as previsións) compartindo, bailando (teremos gaitas e gaiteiros), coñecéndonos…..e disfrutando.

Tamén agasallaremos sementes ecolóxicas de fabas, melón…

 

Have your say