Concello

SGR_20170204_pleno_mocion_G88B1937

PP e PSOE retorcen a legalidade para recortar 10 millóns nos Orzamentos 2017

 

Volve o bipartito do bloqueo a colaborar no seu único obxectivo, estorbar todo o posible a acción de goberno da Marea Atlántica

Xulio Ferreiro: “Baixo un disfraz técnico, teñen secuestrada á cidade e piden un rescate de 10 millóns de euros”.

 

Unha vez máis, o Partido Popular e o Partido Socialista demostran que non teñen ningún problema en poñerse de acordo cando o seu obxectivo é bloquear ao goberno da Coruña. Retorcendo o trámite de alegacións, na última fase da aprobación dos orzamentos, tentan introducir un recorte de 10 millóns de euros nos orzamentos. Unha vez máis, os intereses partidistas por diante dos da cidade.

O alcalde, Xulio Ferreiro, explicou hoxe que logo de pasar por un trámite excepcional como a moción de confianza, “o PP e o PSOE poderían pactar para formar un goberno alternativo, ou terían que permitir a gobernabilidade da cidade”. Pero non foron quen de chegar a un pacto porque “nunca son capaces de poñerse de acordo para construír, só para desestabilizar a acción de goberno”.

As alegacións están pensadas para as reclamacións cidadás e a corrección de erros. Non teñen cabida nelas as emendas de tipo político, nin os recortes. E moito menos despois dun proceso especial como unha cuestión de confianza. Pero socialistas e populares queren aproveitar un oco legal para retorcer a normativa e alterar o proxecto do goberno municipal. Todo vale para destruír.

 

SGR_20170204_pleno_mocion_G88B2385A triste coalición do bloqueo

“Baixo un disfrace técnico, teñen secuestrada á cidade e piden un rescate de 10 millóns de euros”, engadiu Xulio Ferreiro. Non acertan a explicar en que mellora a vida da xente da Coruña ter 10 millóns menos para investir e prestar servizos públicos. Porque o único obxectivo semella ser, unha vez máis, poder atribuírlle ao goberno da Marea Atlántica os atrasos que eles mesmos causan.

Esta é a situación, ás claras e coas explicacións que non son capaces de dar o PP e o PSOE. A voceira do Partido Popular, Rosa Gallego, quere dar leccións de transparencia ao respecto, pero faría mellor en pedir perdón polos numerosos casos de corrupción que afectan ao seu partido, e nos que se malgastaron incontables cartos públicos. Se quere dar leccións, pode facelo na prisión de Soto del Real.

Have your say