Saltar ao contido

Distribuirase ao longo da semana, coa axuda de persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, de todos os partidos que se integran na Marea Atlántica e doutras candidaturas municipalistas.

A Marea Atlántica está a repartir polas rúas da Coruña o novo número da súa publicación informativa, O 15, que repasa o traballo realizado desde o goberno municipal nos últimos tres anos. Estes repartos estarán protagonizados por persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, dos partidos e organizacións que forman parte da Marea, e por integrantes doutras organizacións municipalistas.

IMG_20180619_191526_318A distribución d’O 15 comezou o domingo 17 de xuño, na Gaiteira, no marco da celebración do 3º aniversario da investidura de Xulio Ferreiro, e continuou o luns coa axuda das integrantes da coordinadora local de Esquerda Unida, pola zona de San Roque de Fóra. O martes e, nos Mallos, estiveron persoas da dirección local de Anova, e con Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social. Recibiron o apoio de Xosé Manuel Beiras, voceiro nacional do partido.

18_o 15As próximas citas serán o mércores en Monte Alto, coas deputadas de En Marea no Parlamento de Galicia, Luca Chao e Antón Sánchez, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. O xoves, na rúa Barcelona, repartirán o deputado de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, e as concelleiras de Medio Ambiente, María García, e Facenda, Eugenia Vieito. E o venres acudirán á Praza de Lugo referentes de Compostela Aberta, Ferrol En Común, Sadamaioría, Iniciativa Cidadá de Mugardos, Nós Pobra e Ourense en Común, xunto ás concelleiras de Participación, Claudia Delso, e Mobilidade, Daniel Díaz Grandío.

O 15 é unha publicación informativa editada e deseñada pola Marea Atlántica para dar a coñecer a súa actividade política e distribuír de balde entre a cidadanía. Os repartos continuarán ata final de mes, pasando por todos os barrios da cidade. O último número pode descargarse aquí.

Volve o 15, e xa se atopa nos barrios