Saltar ao contido

A concesión do edificio de propiedade municipal que alberga o Hotel NH Atlántico remata no ano 2017 e o goberno local parece non saber que facer co edificio. Sen dúbida, o destino dun edificio desas características e de titularidade pública debería ser a beneficio da cidadanía, do ben común.

Unha posibilidad tan sinxela como útil para mitigar dúas evidentes carencias na cidade sería dedicalo a vivenda de aluguer social ou a residencial universitario. Unha medida asequible (previa modificación puntual do PXOM) que, con certeza, ten un retorno na sociedade máis xusto e evidente cós 2500 euros anuais que as e os coruñeses recibimos pola explotación privada que unha multinacional hoteleira fai dun edificio público no centro da cidade.

 

Tan sinxelo como xusto. Onde hai vontade política, hai alternativas para mellorar as condicións de vida da cidadanía.

#HaiMarea

fachada-1102475--nh-la-coruna-atlantico_t2-z1w

Vista xeral do Parque de Méndez Núñez [ca. 1923-1926...]
Na década dos 30-40 o daquela chamado Atlantic Hotel harmonizaba arquitectonicamente co conxunto dos kioskos de Méndez Núñez

Vivendas de aluguer social ou residencia universitaria para un edificio de propiedade municipal