Mareas

poison-98648_1280

Veleno para os animais e perigo para a cidadanía

A última chamada de atención sobre uso de veleno produciuse no Parque de Santa Margarida

É necesaria a implicación da cidadanía para evitar novas situacións de perigo

poison-98648_1280Cada pouco tempo xorden voces que advirten da colocación de cebos envelenados, ou incluso con cravos e vidros, nos diferentes parques e zonas verdes da Coruña, co cruento obxectivo de causar o maior dano posible á fauna doméstica, pero tamén ao conxunto da cidadanía, xa que calquera persoa menor de idade podería acceder a eles sen dificultades e provocar unha desgraza aínda maior.

Grande parte destes elementos tóxicos adoitan situarse na contorna das chamadas colonias felinas, grupos de gatos domésticos que foran abandonados nun momento dado e que se establecen de xeito desordenado pola cidade, nomeadamente naquelas zonas de menor risco, como o Parque de Santa Margarida, de onde provén a última chamada de atención sobre uso de veleno.

O goberno municipal ten competencias en materia de benestar animal e seguridade cidadá, e por iso instou ás coruñesas e coruñeses a denunciar estes casos pois non podemos repetir vellas dinámicas e máis erros demasiado habituais. Se non existen denuncias resulta imposible dar co autor dos feitos e esta persoa podería voltar a colocar toda clase de substancias perigosas nos nosos parques e nas nosas rúas.

O uso de veleno non só pode ser cualificado como unha infracción na normativa galega de protección dos animais, con multas de ata 30.000 euros, senón, dependendo dos casos, é constitutivo dun delito de maltrato animal, con penas de prisión de ata 18 meses.

Na Marea Animalista entendemos que hai que reforzar a vixilancia e establecer protocolos que permitan simplificar o proceso de denuncia e sensibilizar a cidadanía. Só así poderemos desfrutar dunha cidade de todas e todos, incluidos os animais.

Have your say