Mareas

Torres_Someso

O prezo do urbanismo depredador: 7,25 millóns de euros desde maio de 2015

No que vai de mandato, o Concello da Coruña tivo que asumir o custo de procesos irregulares de gobernos anteriores como Someso, a Agra de San Amaro ou as expropiacións da Terceira Rolda.

En 2018, debido ás licenzas ilegais como a do edificio Fenosa e ao de San Roque de Afora, o custo podería acadar os 5,2 millóns de euros.

 

As políticas baseadas no urbanismo depredador, aquel que pon por diante o beneficio duns poucos en vez do da maioría, teñen un prezo moi alto. O roubo do dereito á cidade ten consecuencias moi reais, en forma de sentenzas xudiciais contrarias e cargas que ten que pagar toda a veciñanza do seu peto. No que vai de mandato, o Concello da Coruña tivo que pagar 7,25 millóns de euros para facerlle fronte a resolucións urbanísticas derivadas das malas políticas de anteriores executivos.

 
tab-png
 

As previsións dos servizos municipais indican que neste 2018 a factura podería incrementarse en 5,2 millóns de euros, debido a casos como os do Conde de Fenosa e o edificio de San Roque de Afora, dous inmobles autorizados por gobernos anteriores cunha licenza que incumpre a lei.

O urbanismo depredador recorta o dereito á cidade

Estas cantidades obtéñense sumando un grande número de expedientes, que poden resumirse en:

  • Indemnizacións por convenios urbanísticos asinados por gobernos anteriores. A xustiza estalles a recoñecer dereito ao aproveitamento lucrativo do solo ás persoas que cederon terreos para o Paseo Marítimo ou a Terceira Rolda, por poñer dous exemplos.
  • Indemnizacións por expropiacións irregulares, nas que os tribunais de xustiza recoñecen que se pagou menos do debido ás e aos propietarios ou elevan o pago de xuros.
  • Sentenzas que condenan á administración por responsabilidades patrimoniais derivadas de convenios urbanísticos.
  • Sentenzas de responsabilidade patrimonial derivadas da reversión dos terreos expropiados en Someso.

Cando o único interese dun goberno é alimentar a especulación do ladrillo, o conxunto da veciñanza paga as consecuencias por unha dobre vía: na perda de calidade do espazo urbano e directamente a través do erario público . Por iso, o goberno da Marea Atlántica pon sempre por diante o estrito cumprimento da legalidade en materia urbanística.

Have your say