Campaña

Unidade popular fronte ao caos do PP

Xulio Ferreiro: “O PP di: ‘nós ou o caos’ pero a Marea e calquera que mire ao seu redor sabe que o caos é o Partido Popular”

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña participou no barrio de Elviña nun acto de unidade popular no que recordou que “ é un exercicio de cinismo extremo que o partido do desemprego acuse á alternativa de ‘inestable’ cando a inestabilidade son eles”

Reparto

 

A Marea Atlántica celebrou este luns na segunda fase de Elviña -no Colexio Alborada- un acto político no que se destacou o amplo espazo “de confluencia e unidade popular” acadado pola iniciativa municipalista coruñesa, que este martes celebra o seu acto central na Coruña, onde participarán as distintas forzas que apoian á candidatura que encabeza Xulio Ferreiro e no que intervirán Rosa Martínez (Equo), Antón Sánchez (Anova), Yolanda Díaz (Esquerda Unida) e Pablo Iglesias (Podemos).

Un día antes desa xornada, a Marea reuniu a máis de 100 persoas en Elviña, onde Ferreiro criticou as consignas que lanza nestes días o PP, “que advirte dunha hipotética inestabilidade que traerían a Marea, cando a realidade indica que a inestabilidade son eles: o partido do desemprego, dos procesos xudiciais, da desigualdade”. “O PP di “nós ou o caos” pero a Marea e calquera que mire ao seu redor sabe que o caos é o PP”. No acto tamén o participou Silvia Cameán, número catro da lista da Marea, que afirmou que “vivimos a fin dunha época e podemos por fin albiscar ese tan necesario cambio, que na Coruña chámase Marea Atlántica”. O número sete da candidatura, Alberto Lema, asegurou que “a unidade popular é unha necesidade” e reivindicou a figura de Xulio Ferreiro como fundamental para “que se crease o amplo espazo de confluencia que é a Marea”.

Have your say