Concello

Unha solución para o Mercado de Santa Lucía

A concesionaria comprometeuse ante o Concello a facer as reformas necesarias e manter aberto o mercado mentres duren as obras

 

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asegura que este acordo “protexe os intereses do Concello e dos praceiros e praceiras”

Logo

O mercado de Santa Lucía seguirá aberto. Conservaranse os postos de traballo e o servizo de proximidade no barrio. Cando hai vontade política e compromiso, atópanse solucións. As xestións do goberno da Marea permitiron chegar a un acordo coa concesionaria.

A empresa acepta facerse cargo, nun prazo de seis meses, das imprescindibles. reparacións que precisa o mercado. Ata que rematen as obras, continuará facéndose cargo da xestión, o que permitirá que os postos continúen coa súa actividade normal e que se conserven os contratos de arrendamento vixentes.

Como explicou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, este acordo permite “protexer os intereses do Concello, ao conseguir que sexa o titular da concesión o que se faga cargo das obras requiridas, e se salvagardan os intereses das actuais arrendatarias, que poderán seguir coa súa actividade económica. Isto demostra que a nosa folla de ruta era a correcta”. Outras vías, como a de que o Concello asumise directamente as reparacións, terían levado ao peche de Santa Lucía.

Con esta solución, o goberno da Marea cumpre os seus compromisos e o seu programa. Entrou no corazón do problema e atopou unha solución realista que beneficia á maioría, pese a ter que xestionar uns orzamentos aprobados polo equipo de Carlos Negreira.

A Marea, está hoxe e sempre cos mercados. E cun modelo de comercio local e de proximidade.

Have your say