Mareas

20181102_SGR_marea_ecofeminismo_G88B9074

Unha mirada ecofeminista da cidade

As cidades producen o 70% dos residuos e consumen o 65% da enerxía do planeta. Teñen unha grande responsabilidade no camiño cara unha sociedade máis sustentable.

O 2 de novembro, celebramos unha conversa aberta coas activistas Yayo Herrero e Fernando Cembranos, de Ecoloxístas en Acción, coa concelleira de Medio Ambiente, María García, e co alcalde, Xulio Ferreiro.

Que poden facer as cidades para contribuír a unha sociedade máis sostible e coidadora? O pasado 2 de novembro tentamos responder a esa pregunta nunha conversa aberta titulada Unha mirada ecofeminista da cidade, na que participaron Fernando Cembranos, sociólogo e membro de Ecologistas en Acción, Yayo Herrero, enxeñeira, antropóloga, activista ecofeminista e tamén parte de Ecoloxistas en Acción; María García, concelleira de Medio Ambiente da Coruña e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña.  Celebrouse na sede da Fundación ONCE, coa xornalista Sonia Vizoso como moderadora e contou coa presenza dunhas cen persoas.

 

 

A conversa comezou cunha ollada global á situación do planeta, que Yayo Herrero describiu así: “o consumo dos recursos non é neutral dende o punto de vista de clase, de xénero e de raza. Hai unha clara relación entre as  políticas de desenvolvemento e as políticas de benestar humano, que non son contraditorias entre si. Enfrontalas é un erro garrafal, que supón poñer a competir ás persoas contra á natureza, ou ás persoas contra as persoas”. Con este, engadiu Yayo Herrero.

“Estamos ás portas dun cambio na nosa civilización, e vai chegar polas boas ou polas malas. Non podemos manter unha economía baseada no petróleo, e non nos queda moito tempo para mudar. Temos unha década ou dous para reconverter a nosa forma de vida”, asegurou Fernando Cembranos.

20181102_SGR_marea_ecofeminismo_G88B8999

O papel das cidades

Pola súa banda, Xulio Ferreiro sinalou que “é moi preocupante que dous grandes países, como Estados Unidos e Brasil, teñan presidentes que abandonaron a loita contra o cambio climático. Neste contexto,ás cidades tócanos facer máis: as cidades producen o 70% dos residuos do planeta e consumen o 65% da enerxía. Por iso, temos que centrar as políticas locais cos obxectivos de desenvolvemento das Nacións Unidas, e iso é o que intentamos facer co proxecto de Coruña Próxima”.

Así, medidas como o transporte público, colectivo e sostible, a eficiencia enerxética, o urbanismo desde unha perspectiva humana e non especulativa, a produción de alimentos de proximidade e os coidados sociais son exemplos de políticas que se poden desenvolver desde os Concellos, citados nesta mesa redonda.

Fernando Cembranos sinalou que “o estado vaise debilitar en certas funcións, e o papel do municipalismo vai aumentar á hora de organizarnos na vida comunitaria“. E maría García engadiou que “os concellos temos competencias moi importantes en xestión da auga, os residuos ou a enerxía. Pero para desenvolvelas plenamente precisamos o apoio doutras administracións e a complicidade da cidadanía”.

Neste sentido, Yago Herrero apuntou que “non hai cidade ecofeminista perfecta, pero hai moitas que fan pequenos avances que hai que ter en conta. Por exemplo, en Madrid tiñamos o Manzanares convertido nun río infecto e estamos a conseguir renaturalizalo“. Outro exemplo, na Coruña, foi a rexeneración da lagoa de Eirís ou a naturalización da contorna da Torre de Hércules.

O alcalde engadiu, neste punto, a necesidade de fomentar modelos de alimentación de proximidade, no que os entornos urbanos poidan producir comida para as persoas que os habitan. “Bruxelas é un exemplo, pois está a abastecer os comedores dos colexios públicos a partir de alimentos cultivados na súa área metropolitana. Aquí, coa riqueza biolóxica que temos, poderíamos encher os nosos mercados con productos de proximidade”.  As ecohortas urbanas da Coruña son outro exemplo, no que a produción agraria se suma a unha xestión comunitaria.

Un novo modelo de mobilidade.

02_acto_mirada_ecofeminista_2nov_HDInevitablemente, as cidades máis sostibles teén que reducir a súa dependencia do vehículo privado. Como expresou Yayo Herrero, “hai que discutir o papel do coche como tótem, como elemento central na vida das persoas. Van ser necesarios límites, uns que non se baseen nos cartos e deixen que os ricos fagan o que lles pete. Pero límites ten que haber. É imposible que haxa tantos coches eléctricos como hai agora de gasolina, o mundo non ten tantas reservas de litio”.

Herrero sinalou tamén que “é moi cínico que quen fai recortes en educación, sanidade, axudas sociais, etc, sexa a que diga que non hai que subir impostos ao diésel porque afecta máis ás clases traballadoras”.

A concelleira María García lembrou que na Coruña se están a facer esforzosn para “crear políticas transformadoras da mobilidade”, como a baixada do prezo do bus, a ampliación do carril bici, as novas estacións de Bicicoruña ou a peonalización da Cidade Vella.

Xa na recta final, Yayo Herrero fixo un excelente resumo da conversa: “O decrecemento vai chegar, e temos só dúas formas de afrontalo: a fascista, que escravizará ao 99% mentres as elites aumentan o seu nivel de vida, e a municipalista, na vangarda do cambio de modelo”.

Have your say