Novas da Marea

35485206_1978861705458947_2901427262316347392_o

Tres anos en común

Xulio Ferreiro: “Das 99 medidas que prometemos en 2015 para iniciar a transformación desta cidade, temos 80% cumpridas ou en marcha. Non sempre acertamos, pero temos moitos motivos para estar orgullosas”.

Celebramos o terceiro aniversario da investidura do goberno da Coruña, coa presenza do alcalde, a concelleira de Medio Ambiente, María García, e o voceiro da Marea Atlántica, Xan Xove.

35516892_1978841758794275_8554061959991918592_nA Marea Atlántica celebrou este domingo, 17 de maio, o terceiro aniversario da toma de posesión do goberno municipal da Coruña cun acto aberto á veciñanza na rúa da Gaiteira. Fixémolo como mellor sabemos, coas nosas mans, a pé de rúa e rodeadas dunhas cantas ducias de amigas. Alí, o alcalde, Xulio Ferreiro, lembrou que “hai tres anos iniciamos un camiño en común, que non ten un final marcado, pois o importante non é o final, senón as pegadas que imos deixando, pegadas de igualdade, de respecto e de inclusión”.

Ferreiro fixo balance das medidas postas en marcha no que vai de mandato, e sinalou que “das 99 medidas que prometemos en 2015 para iniciar a transformación desta cidade, temos 80% cumpridas ou en marcha. Non sempre acertamos, non sempre o conseguimos, pero temos moitos motivos para estar orgullosas”. A modo de exemplo, sinalou fitos como a aprobación da Renda Social Municipal, que axuda hoxe a máis de 200 familias; a recuperación de xoias patrimoniais como o Castro de Elviña ou o Acueducto do Paseo das Pontes, a eliminación das verteduras contaminantes á Ría do Burgo ou a posta en marcha de políticas participativas como o Dillo Ti.  a posibilidade de escoller o destino de 3 millóns de euros dos Orzamentos ou “o feito de que esteamos ao carón da avenida de Oza, nunca máis do General Sanjurjo”.

Unha cidade máis verde e xusta, unha marea que sabe escoitar

35474021_1978860205459097_7563886953892937728_oDa súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, María García, lembrou que a presenza da Marea Atlántica en María Pita marcou diferenzas en cousas que non saen nos titulares, e non sempre se notan de inmediato, pero que van deixando pouso na cidade. Por exemplo, na defensa dos dereitos laborais no Concello, sobre todo na contratación pública. Agora, os contratos municipais esixen condicións laborais dignas e protexen ás traballadoras e traballadores.

Tamén se deixan notar os tres anos de coidados ambientais para unha cidade máis verde, coa eliminación de verteduras á ría do Burgo, que permitiu que a praia de Oza recuperara a Bandeira Azul que perdeu en 2014. A eliminación dos herbicidas tóxicos e a adaptación da sega ao ciclo natural de crianza tamén está dar froitos: volveron as flores das amapoulas que levaban anos desaparecidas, e novas especies de paxaros déixanse ver nos parques e xardíns.

35550034_1978858085459309_7754879571110920192_oNo acto tamén interviu o voceiro da Marea Atlántica, Xan Xove, que reivindicou o carácter popular da nosa organización, que “naceu na rúa e nunca debe deixar a rúa”. Actos coma o deste domingo, celebrado a pé de barrio,  amosan o carácter da Marea. “Ter o goberno non é ter o poder. Hai poderes maiores que queren bloquear os cambios e as políticas do ben común. Por iso a forza da Marea non está no Concello, senón na rúa, coa xente, escoitando a quen apoia e a quen critica. Dialogando con todas as voces”.

Quixeron acompañarnos nesta data de celebración ducias de veciñas e veciños, ademais do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; a deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz; ou os deputados de En Marea no Parlamento de Galicia Manolo Lago e Pancho Casal. 

Reparto do xornal O 15

35282724_1978846222127162_8669397328131522560_oNo acto tamén se presentou un novo número do xornal O 15, dedicado a repasar o traballo realizado desde xuño de 2015. Nos vindeiros días levaranse a cabo repartos por todos os barrios da cidade, coa presenza de referentes de todos os partidos que forman parte da confluencia na Marea Atlántica. Ata entón, podedes darlle unha lectura aquí mesmo.

 

[Galería de imaxes do acto na Gaiteira]

Have your say