Novas da Marea

logo_CA_MA

Tecendo municipalismo. Encontro entre Marea Atlántica e Compostela Aberta

Este xoves tivo lugar unha reunión da nova Coordinadora de Compostela Aberta con Marea Atlántica. A reunión, celebrada por convite de MA, foi unha produtiva toma de contacto co obxectivo de reforzar lazos entre as dúas mareas municipalistas e intercambiar opinións e experiencias tanto a nivel organizativo como de goberno.

Na xuntanza tivemos ocasión de comentar as diferentes metodoloxías e mecanismos de participación cidadá utilizadas tanto en Santiago como na Coruña.

Tras este encontro quedamos emprazados a seguir avanzando na nosa cooperación para seguir fortalecendo o proceso de Unidade Popular no País, especialmente a nivel de colaboración municipal.

Have your say