Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

30.000 persoas conviven hoxe no noso barrio, a Agra do Orzán. Hai tan só cincuenta anos, esta terra alta e venteada era un conxunto de campos de cultivo habitada por xentes labregas, gandeiras e mariñeiras. Era a fonte que daba de beber á cidade a través do acueducto. Como vivían aquí esas familias? Como era o seu día a día? Que foi o que trouxo a miles de persoas a poboar esta agra a partir dos anos 60? No roteiro Agra Labrega descubriremos coa axuda de catro padriños e madriñas, expertos en historia, urbanismo, comerciantes e veciños do barrio; como era todo antes e despois da urbanización. E tamén exploraremos futuro da Agra do Orzán como comunidade, como barrio vivo dentro da Coruña. Porque A Coruña é máis que o Paseo Marítimo!

Duración: 90 minutos

Extensión: 1 km

Saída: Sábado 26 de setembro ás 11:00, na entrada do centro Ágora

Chegada: Rúa Gramela, 23

Participación libre e gratuíta, aberta a toda a veciñanza

Roteiro histórico: Agra labrega