Mareas

Cartaz Roteiro Agra

Roteiro histórico: Agra labrega

30.000 persoas conviven hoxe no noso barrio, a Agra do Orzán. Hai tan só cincuenta anos, esta terra alta e venteada era un conxunto de campos de cultivo habitada por xentes labregas, gandeiras e mariñeiras. Era a fonte que daba de beber á cidade a través do acueducto. Como vivían aquí esas familias? Como era o seu día a día? Que foi o que trouxo a miles de persoas a poboar esta agra a partir dos anos 60? No roteiro Agra Labrega descubriremos coa axuda de catro padriños e madriñas, expertos en historia, urbanismo, comerciantes e veciños do barrio; como era todo antes e despois da urbanización. E tamén exploraremos futuro da Agra do Orzán como comunidade, como barrio vivo dentro da Coruña. Porque A Coruña é máis que o Paseo Marítimo!

Duración: 90 minutos

Extensión: 1 km

Saída: Sábado 26 de setembro ás 11:00, na entrada do centro Ágora

Chegada: Rúa Gramela, 23

Participación libre e gratuíta, aberta a toda a veciñanza

1 comment

  1. Encántanos esta proposta que dende a Biblioteca Municipal Ágora vimos facendo tanto para nenos como para adultos desde hai anos nos barrios do Agra do Orzán, Ventorrillo, Mariñeiros e San Pedro de Visma. Porque alén de desenvolver os programas comúns a toda a nosa rede municipal, a Biblioteca Ágora caracterízase, desde a súa apertura no mes de xaneiro do 2012, polo seu traballo colaborativo cos colectivos, entidades e persoas dos barrios da súa influencia. Suma Ágora é a denominación que damos a todo este traballo, e baixo ela desenvolvemos proxectos que procuran: achegarnos á intrahistoria dos barrios e ao seu latexo cotiá, a través da memoria particular dos seus habitantes; reflectir o seu presente e favorecer a asunción da diversidade como un valor en positivo e dar voz aos veciños e veciñas, para recoller e proxectar cara a acción os seus desexos, aspiracións e necesidades en relación ao seu barrio e á propia Biblioteca. Para máis información: https://sumagora.wordpress.com

    Responder

Have your say