Saltar ao contido

Acadamos unha fase. A primeira. 2500 sinaturas [e in crescendo]. Para facelo público e contar un pouco máis polo miúdo a iniciativa cidadá da Marea Atlántica, convocamos unha rolda de prensa o mércores 1 de outubro, ás 12:00 da mañá na Praza da Fariña [tamén coñecida como Praza de Azcárraga].

Alí faremos unha análise das sinaturas conseguidas, así como unha avaliación do proceso en marcha; e aproveitaremos para convocar a apertura da seguinte fase.

Temos un desexo, sabemos que é común a moitxs e queremos que se saiba. Queremos contalo e contar contigo. #HaiMarea

 

_MG_3999

Rolda de Prensa 1 de outubro 12:00 h. Praza da Fariña