Novas da Marea

A rebelión democrática en Galicia

Sesión de traballo da Marea Atlántica na Casa da Fariña

Este sábado 4 de outubro, como anunciamos a semana pasada, convocamos na Coruña unha Marea Municipalista. Está pensada como un espazo de diálogo, debate e intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo entre os procesos municipalistas que están a agromar en Galicia. Terá lugar na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga, 6) entre as 11.30 e as 18 horas, sesións técnicas pola mañá e de debate pola tarde, cun descanso para xantar de 14.00 a 16.00 horas.

Seguindo o noso compromiso de transparencia, as sesións serán retransmitidas en directo a través de streaming —o encontro é aberto, pero o aforamento da Casa da Fariña é limitado— e ao final da xornada publicarase unha crónica completa do acontecido na nosa páxina web. Este é o plan previsto:

11.30-12.15 horas | Presentación dos procesos

12.15-13.00 horas | Modelos organizativos e follas de ruta (obradoiro)

13.00-13.15 horas | Descanso

13.15-14.00 horas | Participación cidadá e relacións con organizacións (obradoiro)

14.00-16.00 horas | Xantar

16.00-18.00 horas | O desafío electoral: protagonismo cidadán e cooperación entre mareas (debate)

Até agora, confirmaron xa a súa asistencia persoas involucradas na Marea de Vigo, a Marea Ártabra, a Marea de Pontevedra, a Asemblea Cidadá de Compostela, Ames Novo e Ourense en Común. Para mellor organizar o encontro e reservar espazo para xantar, pregamos aos representantes dos procesos que queiran achegarse que confirmen a súa participación enviando un correo electrónico a ola@mareatlantica.org.

2 comments

  1. Espero que ese streaming se poida colgar a posteriori nalgures, para os que non podemos, nin ir, nin velo en directo.

    Responder

Have your say