Concello

Cartel de benvida

Queres axudar ás refuxiadas?

O concello habilitou un formulario web para quen desexe colaborar no dispositivo de acollida das persoas que foxen da guerra en Siria

Máis aló desta emerxencia puntual, A intención do concello a e converter á Coruña nunha cidade refuxio permanente

Se queres (e podes) axudar ás refuxiadas e refuxiados que foxen da barbarie e da guerra, podes encher este formulario para botar unha man no operativo de acollida que está a organizar o Concello da Coruña. Habilítase esta canle oficial logo de que motas persoas ofreceran xenerosamente a súa axuda nos días pasados. A todas, dámosvos as grazas pola vosa solidariedade.

A Coruña está a preparar todos os seus recursos sociais e institucionais para recibir a quen tivo que abandonar o seu fogar a causa do conflito bélico en Siria. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, reuniuse con asociacións benéficas e ONG’s para levar esta iniciativa a cabo, e xa recibiu ofrecementos concretos, como o de Padre Rubinos. Tamén se habilitarán os pisos de titularidade municipal que estean dispoñibles. Para pechar o dispositivo, falta aínda acordar os detalles coa Xunta de Galicia, que é a administración competente nesta materia.

Porén, este esforzo non quedará nunha actuación concreta. A intención do concello a e converter á Coruña nunha cidade de acollida permanente, coas cancelas abertas para recibir a quen teña que deixar a súa casa por mor da violencia e a barbarie. Non podemos quedar en solucións inmediatas e medidas de urxencia, hai que pensar a medio e longo prazo. Refuxio hoxe, refuxio sempre.

4 comments

  1. me gustaria acojer a un niño o niña

    Responder
    • Grazas pola túa solidariedade. Cumprimenta o formulario que se enlaza ao comezo do artigo, e poranse en contacto contigo desde o concello.

      Responder
  2. Podo ofrecer comida. Tamén teño unha finca ao carón da miña casa onde se pode facer campamento ou o que sexa. Colaboro con Acnur e sei que existen tendas para eefuciados. Ofrezo a miña casa para atender a calquer menor que quedara horfo, posto que só teño dúas habitacións. Aínda así, podería habilitarse para facer outra habitación máis e poder incluir a unha pequena familia. Somos un profesor, unha esteticista con coñecementos de pedagoxía(aínda que non rematei a carreira), e un fillo de case 5 anos. A nosa casa é humilde pero non nos falta de nada. Todo o que podamos ofrecer,ofrecerémolo. Vivo na Laracha, pero iso non te que ser un impedimento para poder axudar. Só pido unha condición para ofrecer todo isto. Na miña casa non existe a relixión. Somos seres libres e non impoñeremos ningunha deidade a ninguén. Só respeto e solidariedade. Queremis que sexa recíproco. No que sexa que podamos axudar, axudaremos. Grazas

    Responder
  3. Estaría encantada de ayudar en el operativo de acogida
    Un saludo!
    Muchas gracias!

    Responder

Have your say