Saltar ao contido

O xulgado de instrucción nº 4 de A Coruña, o pasado 28 de novembro, admitiu a trámite a querela presentada pola Fronte Cívica Somos Maioría de A Coruña contra a Autoridade Portuaria polas obras do Túnel de A Mariña. Na querela, a Fronte Cívica denuncia a invasión das obras da zona verde do parque da Dársena.

No auto, solicítase ao concello toda a documentación relativa aos plans, autorizacións e resolucións adoptadas para a execución do proxecto na zona de autos, avda. de Alférez Provisional, A Mariña, Parrote e Paseo Marítimo. E que se informe sobre a incidencia das obras en espazos especialmente protexidos ou sobre zonas verdes e as resolucións adoptadas sobre o particular

A Marea Atlántica critica estas obras faraónicas que hipotecan A cidade mentres recortan en dereitos sociais, non solventan os problemas de mobilidade e seguen baixo a sospeita da corrupción.

photo_2014-12-01_15-40-53

 

_MG_3381

 

Contra as obras do Túnel da Mariña…