Saltar ao contido

Plataforma 14 de Abril

Logo-P14A

Silvia Cameán

Silvia Cameán Calvete

Nacín no ano 87 no seo dunha familia obreira galega. Feminista e avogada. Son porque antes outras foron e loito porque mañá outras sexan.

Fai uns anos, cansa de librar batallas contra os continuos abusos ós que nos intentan someter, entendín a necesidade de organizarme. Esta determinación levoume a participar en EU.

Co tempo cheguei ó feminismo e nel descubrín unha forma alternativa de entender e vivir unha vida propia e auténtica.

Nestes 27 anos de paseo pola vida aprendín que o colectivo é o que nos conforma, que a rebelión é o primeiro paso cara unha vida máis digna e que a única lóxica capaz de impoñerse é a do ben común.


Alberto Lema

Alberto Lema Suárez

Nacín en Vimianzo no 75. Dende a Marea queremos unha Coruña dende abaixo, máis democrática, máis galega e que asegure o dereito a unha vida digna.

Licenciado en Filoloxía inglesa, nacín en Vimianzo en 1975 e empecei a participar en política no movemento estudantil universitario de signo nacionalista.

Son escritor, teño cinco libros publicados e tamén colaborei en medios como El Pais, Luzes, Tempos Novos, Praza.gal ou Novas da Galiza.

Son covoceiro de Anova na Coruña e membro da Executiva Nacional da CUT, e da Executiva Local coruñesa do mesmo sindicato.

A Marea Atlántica debe ser a ferramenta política dos de abaixo para construír unha Coruña máis democrática, máis galega e para asegurar o seu dereito a unha vida digna.


Alicia Alonso

Alicia Alonso García

Nacín fai 21 anos no Barco. Dende fai 3, estudo e vivo na Coruña, cas ganas de inundala de feminismo dende abaixo, dende dentro e cara fora.

Nacín en Valdeorras hai xa 21 anos.

Sempre fun unha rapaza curiosa, inquieta. Hai xa uns anos decidín poñerme as gafas lilas e comezar a observar o mundo doutro xeito. Entendín outras formas de facer, de construír e de crear. Comprendín que “a realidade é transformable” e que nós, as mozas, temos a oportunidade de mudala, de crear unha sociedade máis xusta, de cargarnos o heteropatriarcado e de tecer as redes de apoio precisas para camiñar cara a igualdade real.

Hoxe estudo Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña.


Alfonso Mascuñana

Alfonso Mascuñana Bordas

Nado en Vigo, no 43. As xentes e as loitas do barrio fixéronme camiñar cunha segunda pel. A Marea, por suposto, tamén forma parte desa pel.

Vivo en Palavea dende 1974. As xentes e as loitas do barrio, así como a vida e loita obreiras nos centros de traballo (case un ano nos varaderos do Parrote, 8 anos en Mafriesa,…) configuraron unha forma de ver e vivir: Dende entón camiño permanentemente cunha segunda pel: “echar mi suerte con los pobres de la tierra”.

Voluntario e internacionalista en Honduras e Nicaragua, Concelleiro en O Barco de Valdeorras, Membro do Comité de Ética en Fiare…

Calquera tipo de actividade social na que me inserto, a da A Marea Atlántica tamén, por suposto, forma parte desa pel.


Gema Rivera

María Gema Rivera González

Nacín en Fisterra no 54. A Marea nos da a oportunidade para facer da Coruña unha cidade máis xusta, solidaria e orgullosa da súa cultura.

Nacín en Fisterra en 1954 e son filla e neta de mariñeiros.

Trasladeime á Coruña na miña mocidade, en 1971, e logo de completar a Diplomatura en Enfermería, comecei a traballar na sanidade pública en 1974. Levo comprometida desde aquela, primeiro a través da ING e logo da CIG, na defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade que vexo cada día máis ameazada polos recortes.

Son covoceira de Anova na Coruña e penso que a Marea Atlántica representa unha oportunidade para facer da Coruña unha cidade máis xusta e solidaria e tamén orgullosa da cultura galega que lle é propia.


Rafael García

Rafael García Bello

Nacín no 65. Hoxe, quero loitar para conseguir a igualdade de oportunidades, o reparto xusto da riqueza, e os dereitos das máis desprotexidas.

Nacín fai 50 anos en Köln, Alemaña. Resido na Coruña, cidade natal do meu pai. Fixen bacharelato e COU nos institutos de Elviña e do Agra do Orzán. Tiven a sorte de gañar unha praza de funcionario interino no ano 1997. No 2003 conseguín unha praza de funcionario e, no 2006, naceu a miña filla.

Foi a partir deste momento cando empecei a plantexar a necesidade de participar no deseño do seu futuro, xa que o benestar dos nosos descendentes estaba en precario, en grave risco, por os motivos evidentes.

Eu quero loitar para conseguir a igualdade de oportunidades, o reparto xusto da riqueza, do mantemento e mellora dos dereitos sociais: a loita polos dereitos das persoas más desprotexidas.


Victoria Mejuto

María Victoria Mejuto Vilas

Nacín na Coruña, no 60 e confío en que a Marea siga a ser un instrumento transformador da sociedade, que se extenda polos barrios e centros de traballo.

Son unha persoa privilexiada: son muller, nai, compañeira dun home bo e xeneroso. Teño Pan, Traballo e Teito e a inmensa sorte de estar sempre do lado das persoas que loitan e se manteñen fieis aos seus principios. Con elas participei nas AAVV, na solidariedade con América Latina e na loita sindical e política.

Formo parte desta candidatura co desexo de que a Marea chegue ó goberno pero sobre todo, mais ala de Maria Pita, que a Marea siga a ser un instrumento transformador da sociedade, que se extenda polos barrios e centros de traballo.


Serafin Mourelle

Serafín Mourelle Bugallo

Nado no 33, fillo da República. Traballador do mar, voguei contra as temprestades do franquismo e sigo loitando por unha auténtica democracia.

Nacín en 1933, e vivín a miseria da guerra civil.

Con vinte anos convertinme en patrón pesqueiro e adiquei toda a miña vida ao mar, onde defendín os dereitos dos pescadores.

Froito do compromiso coas traballadoras e as capas populares, nos anos 70 afilieime ao PCG.

Durante toda a miña vida, o compromiso coa loita polos dereitos e a dignidade de todas foi fonte inesgotable dun alento co que hoxe pretendo contribuír na Marea Atlántica.

Tras vivir a Fronte Popular da República, loito hoxe por reconstruír aquela Unidade Popular.


Alejandra del Río

Alejandra del Río Grela

Coruñesa de acollida dende fai catro anos. Como estudante, a crise augúrame un futuro negro. Por iso loito. Por un futuro digno para a xuventude.

Nacín en Santiago de Compostela hai 22 anos e estudo Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña dende hai catro.

Compaxino os meus estudos coa militancia política porque hai tempo que son consciente de que loitar polos dereitos de todas e todos non só é o bo camiño, para min é o único posible.

O futuro está nas nosas mans e estou segura de que na batalla por ser felices somos invencibles.


Nicanor Acosta

Nicanor Acosta Alonso

74 anos vendo o frío que acolle a tantas persoas excluídas do dereito a vivir, as súas voces son a dignidade que escoitarase en cada rúa.

Levo 74 anos na Coruña. Dende moi cedo coñecín esa cidade real, esa cidade que arremete con violencia sobre as que menos teñen pero na que se albisca esperanza. Un compromiso que levoume a descubrir a crueza da represión antes e despois da democracia.

De alí a esta parte sigo dende o barrio da Agra mantendo a mesma convicción política xunto a Stop Desafiuzamentos, Foro de Inmigración, plataforma de preferentistas, no Fórum Própolis e tantos outros.

Xa basta de tanta barbarie, temos que botalos!