Saltar ao contido

Ardentía

ardentía

sonia sainz

María Sonia Sainz Suárez

A Coruña 1964. Empresaria. Dende 1993 dirixo unha empresa adicada as TIC, con implantación en todo o territorio español e México DF. Traballo e vivo no distrito Picasso.

Participo na Marea Atlántica, porque a considero o millor xeito aqui e agora, de facer política social e económica, práctica e sen prexuizos.

A miña actividade, ofréceme diariamente, experiencia na resolución de problemas, na toma de decisións e na xestión de recursos e grupos.

As miñas ocupacións, sempre as completei, participando activamente en movementos cidadans (Nunca Mais Lira), culturais (CRMH de A Coruña) ou políticos.

Considero a transparencia, carta de presentación indispensable. Creo nas personas.


xose aller

Xosé Aller Viaño

Nacín no barrio coruñés do Agra do Orzán fai 38 anos, vivo en Novo Mesoiro, son administrativo e técnico de PRL dunha empresa loxística, e participo no movemento veciñal.

Integro unha candidatura para A Marea, por que creo que é un momento de cambio político que demanda parte da cidadanía; un cambio onde o cidadá/an debe asumir a responsabilidade de xestionar o seu futuro a través de ferramentas participativas, e a Marea axústase a este principio.

Ardentía, aporta A Marea a través da súa candidatura, a experiencia no traballo no movemento social e asociativo coruñés, e a experiencia en xestións de equipos e traballo no tecido empresarial da comarca, algo necesario para coordinar ben un concello como o noso.


Beatriz Guiance

Beatriz Guiance Rostro

Pódese dicir que me deixei arrastrar por unha boa causa, dando a oportunidade, como parte de Compromiso, de facer política real, non de sillón.

Que podo dicir de min? Coruñesa, comprometida, filóloga, xornalista, cunha traxectoria bastante ampla e versátil (desde ser responsable de comunicación dunha grande empresa, escribir en diferentes medios como o extinto Xornal, ou fundar o meu propio, MundoGaliza, a escribir poesía), mais ante todo, son persoa e son nai, o traballo máis difícil. Sendo nai, quen teme entrar a limpar María Pita?


Alejandro Lorenzo

Alejandro Lorenzo Álvarez

Os coruñeses merecemos un goberno xusto e transparente; a Marea é a mellor ferramenta que posúe esta cidade para acadar unha Coruña mellor.

Intentar presentar a miña candidatura en tan poucos caracteres semella unha tarefa complicada, por iso ocórrenseme algúns termos que poden definirme: galego, cascarilleiro, deportivista, politólogo, comprometido, conciliador…

Para min é un orgullo pechar a lista de Ardentía, e agardo que a Marea en conxunto consiga botar a este goberno corrupto de María Pita. Debémosllo aos cidadáns.