Mareas

PASENIÑO

 

 

Un bo día un grupo de persoas soñadoras que ben alto fachendosas e orgullosas pregoamos sermos veciñas dun barrio celme da nosa cidade, xuntamos as nosas forzas e compartimos ilusións.

Un mércores ás oito da tarde a asemblea de apertura da Marea da Cidade Vella serviu como punto de partida e até hoxe, case que todas as semanas , practicamos o mellor dos agasallos humanos: a calidade de veciñas e veciños.

O noso dicionario emprega as seguintes acepcións para definir a fermosa e valiosa palabra veciñanza:

  • Calidade do que está próximo.
  • Conxunto das persoas que viven nun mesmo edificio, barrio ou poboación.
  • Conxunto dos lugares próximos a aquel do que se fala.

Mais aló das carencias nos espazos públicos, equipamentos e vivendas, froito do esquecemento institucional, que ven de lonxe, reclamamos o dereito a decidir e participar do común como veciños e veciñas desta cidade.

Motivadas traballamos na procura do interese polo próximo, solidarias, poñendo en práctica a escoita activa e participación,  coa firme convicción que co tempo a túa e a nosa voz sexan unha mesma e celebremos con ledicia e berremos ben alto: Viva a reunión!

 

Se compartides esta visión non dubidedes en vos sumar. Estamos aquí á beira.

 

reves-opcion 2

Have your say