Novas da Marea

imaxe_blog

Participa na elaboración do programa de goberno

imaxe_blog

A Marea Atlántica é unha onda imparable que levará as demandas da cidadanía ao goberno da Coruña. Fronte a un modelo de xestión urbana baseado na corrupción, a especulación e o dispendio, chegou o momento de cambiar o xeito de facer política. É necesario activar a participación da veciñanza nas decisións que nos afectan e rematar coa separación entre gobernantes e gobernadas.

O Encontro Aberto convida aos colectivos cidadáns a participar na elaboración do programa de goberno da Marea Atlántica, a vindeira fin de semana (días 14 e 15 de marzo), en dous espazos: o local da Marea Atlántica (rúa Pontejos, 7 – San Agustín) e a Casa da Fariña (Praza da Fariña – Cidade Vella).

O encontro estará estruturado nas 5 áreas estratéxicas do futuro programa, combinando a recollida de información especializada coa discusión e o debate sobre o modelo de cidade que queremos:

  • MODELO ECONÓMICO E ENERXÉTICO
  • XUSTIZA E COHESIÓN SOCIAL
  • MODELO TERRITORIAL E URBANO
  • CULTURA, MEMORIA E IDENTIDADES
  • RADICALIZACIÓN DEMOCRÁTICA

Para saber onde se tratará cada unha destas áreas, podes descargar o programa completo do Encontro.

Encantaranos contar coa vosa participación.

Hai Marea!

 

TEMOS PROBLEMAS GRAVES DE AFORO. Por iso, pregamos que confirmedes a asistencia para facilitar a organización da actividade no enderezo mediacion@mareatlantica.org, indicando en que sesión ou mesa de traballo queredes participar.

8 comments

  1. quero apuntarme ao foro de xustiza e cohesión social

    Responder
  2. quero participar no foro de radicalización democratica

    Responder
    • Ola, Marta.

      Podes confirmar asistencia para facilitar no enderezo mediacion@mareatlantica.org, indicando en que sesión ou mesa de traballo queres participar. Moitas grazas.

      Responder
  3. Gustaríame saber en que consiste ese diálogo con especialistas. Que especialistas?
    Grazas.

    Responder
  4. Por favor, integren no seu programa de gobernó un plan especial para a recuperación do nucleo rural ( o que queda del) de Elviña, San Vicente de Elviña. Casas, fachadas, horreos, fontes, camiños, eiras, alpendres, o muiño de Perfecto ( último da coruña) convertilo en museo, etc…una dignificación dunha aldea exemplar, derradeiro reducto de arquitectura tradicional labrega do concello, que sufriu constantes ataques, abandonos, asedio e expropiacións durante a súa historia ( Alfonso molina, fábrica de armas, fertiveria, universidade, matogrande, carrefour, seat, ofimático, etc..).
    Recuperación da microtoponimia, recuperación do nome usurpado polo polígono, a xente de Elviña non entende que se lle chame Elviña á zona da paxariñas ou monelos, mesmo o mercado de Elviña Non está en Elviña. Falo como fillo, neto, bisneto e tataraneto de habitantes de esta aldea, que como decía Manolo Rivas ben podía ser o paraíso perdido, ¡ pois recuperemos o paraíso!!!. Non nos desilusionedes, recuperade a nosa historia coa dignidade que esta aldea merece.
    Moita Sorte
    Saúde e Terra.

    Responder
    • Tomamos nota, non o dubide, pero nos vindeiros días poderá facelo vostede mesmo a través da nosa ferramenta de elaboración do Programa Participativo. Non queremos facer política por vostedes, queremos que ser a súa ferramenta nas institucións.

      Graciñas pola súa achega.

      Responder
  5. Estou interesado en seguir participando nas redes. Son un dos asinantes do manifesto. Penso asistir á de hoxe, venres, 29. Noutra orde de cousas, gostaríame poder colaborar nas áreas de ensino-deporte e cultura.

    Responder
    • Lembrade que existe, dende os inicios da Marea, un protocolo de incoporación e tamén de asistencia á REDE: este é o órgano asembleario ao que asisten aquelas persoas que pertenzan a Mareas ou Grupos de traballo e participaran en, polo menos, dúas reunións. Grazas!

      Responder

Have your say