Concello

Os votos do BNG e o PP tomban o modificativo de crédito do goberno

No pleno desta mañá, O PP e o BNG rexeitaron o modificativo de crédito proposto pola Marea Atlántica, sen ofrecer alternativa ningunha

 

O grupo municipal do PP semella querer gobernar desde a oposición e demostra coa súa actitude que non asumiu o resultado electoral

10984227_928766923847972_6811604506858072906_nO pleno extraordinario desta mañá foi un escenario moi acaído para visibilizar os moitos atrancos que a oposición segue poñendo ao novo goberno municipal e a excelente defensa de xestión realizada polas cinco concelleiras mareantas incluído o alcalde.

No pleno foron aprobados os puntos referidos á modificación de cadro de persoal e por unanimidade os que teñen a ver co recoñecemento extraxudicial de créditos do IMCE e a ampliación do CEIP “Manuel Murguía”. Sen embargo, non saíu adiante a proposta de modificativo de crédito para facer fronte a débedas e facturas non pagadas que se arrastran da etapa do PP. O voto determinante foi o do BNG ao sumarse ao emitido polo PP posto que as representantes do PSOE optaron pola abstención. Curiosa maridaxe a do BNG co PP!

O que máis sorprendeu do pleno, fóra da lexítima discrepancia de pareceres sobre temas puntuais, foi o nivel acadado por algunhas persoas que aínda hoxe non parecen asumir nin a desastrosa xestión que deixaron, nin os problemas de solvencia financeira nin o seu lugar de oposición.

No caso do expediente de modificación de crédito, a súa necesidade vén dada por un exercicio de responsabilidade do goberno pero por unha xestión nefasta do goberno de Negreira, Gallego e Mourelo, representantes dun partido, como se lembrou no pleno, mergullado en casos de corrupción e nepotismo que investiga a xustiza e que tamén avergoñan á cidadanía coruñesa. Lamentablemente o BNG votou co PP.

O PP deixou as concellarías sen peso pero non lle gusta que o saiba a cidadanía, que o lembren con rigor as edís do actual goberno ás veces obrigadas a tomar medidas de urxencia que cando teñan orzamentos propios poderán revisar e no seu caso rectificar.11831742_928766980514633_7693397471962565676_n

Soubemos no pleno, que na oposición se está máis atento á vida privada do alcalde que a botar unha man cando se incendian Bens e o Portiño.

O baixo ton moral dalgunhas visualizouse con ameazas para acudir a dirimir nos tribunais o que coñecemos todo o mundo, ocultando os custes reais dos pregoeiros da época Negreira e case xogando algúns membros da oposición a exerceren de goberno e a aspirar a moderar os debates. Como se estivesemos en 2011.

Ficou claro neste pleno que especialmente o PP está descolocado desde que perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, dedícase a inauguracións tan encubertas como ridículas, non asume a xestión propia e sen propor ningunha alternativa concreta –só homilías repetitivas e insulsas- está obstinado xa non só en ser descortés co goberno –que o é- senón en pór atrancos e peros a todo.

O PP practica o deporte da demagoxia e finxe defender o que leva anos destruíndo: a sanidade e a educación pública, os servizos sociais ou a ciencia, cuxo programa “Ciencia en acción” deixaron sen ningunha dotación nin previsión.

Durante o pleno, algún representante do PP tivo que ser recriminado polo trato vexatorio dispensado a outra compañeira de corporación e resultou patético que quen máis patrimonio destrúe pretenda dar agora leccións nese ámbito. Os que acabaron con Adelaida Muro tampouco teñen moita ascendencia neste punto.

11836721_928767527181245_8488520241033753457_nO concelleiro de cultura da Marea tivo que criticar do goberno anterior xustamente o desgoberno, a ineficacia e o malgasto na súa área, a falta de transparencia, a mala xestión de concertos como o de Sting e as bastas manobras dalgunhas para que as Festas 2015 non sexan un éxito.

Da falta de elegancia dalgunhas concelleiras da oposición tivemos unha mostra na súa ausencia no día inaugural das festas cando se leu o pregón. E entre as saídas de ton podemos evocar a de quen, logo de catro anos de goberno, considera esperpéntica a situación dun concello que está mudando moitas cousas e do que xa non se fala por operacións Pikachu senón por xestión innovadora e ilusionante.

Para rematar queremos desde a Marea Atlántica expresar o noso lexítimo orgullo pola acción do goberno e en especial polas intervencións das concelleiras que hoxe interviñeron no Pazo en favor dunha Coruña que vai conquistar o futuro combatendo o caos herdado e os atrancos que desde diferentes signos estamos recibindo.

Máis ca nunca. Hai Marea.

4 comments

  1. manda carayo PP y BNG XUNTOS…….

    Responder
  2. “manda carayo ” PP y BNG XUNTOS…….

    Responder
  3. Está moi mal o trato vexatorio e estou totalmente en contra, mais tamén estou totalmente en contra do acoso laboral levado a cabo por la concelleira vexada cando era directora da fundación luis seoane. Son a persoa acosada.

    Responder
  4. Non entendo o papelón do bng, votas cos da censura de Boimorto. De que vale a xenial interevención de Mini?Pero estes con quen c… están?Que clase de Marea galega se pode facer con xente que pon ointerese partidista sobre o xeral?

    Responder

Have your say