Concello

portada_web_Or2016

Orzamentos 2016. Cidade viva, sostible, aberta e para a xente

O proxecto do goberno municipal ten claro o que quere: políticas sociais, participación cidadá, fomento do emprego e a vivenda, loita pola igualadade, defensa do medio ambiente e a mobilidade sostible

O venres, ás 12.30, celébrase en María Pita o pleno extraordinario para a aprobación inicial dos Orzamentos 2016. Por fin, poden saír adiante unhas contas nas que a xente é o primeiro, que incrementan as políticas sociais e de fomento do emprego, que reservan cartos para erradicar os asentamentos precarios e os vertidos á Ría do Burgo, para poñer en marcha a Renda Social Municipal e para mellorar as políticas de igualdade.

Non hai nesta proposta obras faraónicas, pero si están a defensa do dereito á vivenda, a porta aberta á participación cidadá e o firme soporte ao tecido asociativo desde a transparencia, sen amiguismos nin reparto de axudas a discrección. Tamén incorpora ideas e suxestións do PSOE e o BNG, na procura do consenso é a inclusión da nova maioría política do pleno.

 

Primeiro eixo. Cidade das Persoas

O proxecto orzamentario elaborado polo goberno municipal organízase en catro grandes eixos. E o primeiro, como non pode ser doutro xeito, é a Cidade das Persoas.

Engloba todas as políticas relacionadas coa vivenda, o emprego, a educación, os servizos sociais, a igualdade e a diversidade. En total, suman 40,4 millóns de euros, 6,5 millóns máis que en 2015 (+20%). Pasan a representar o 16,54% do total dos orzamentos, fronte ao 13,46% de 2015.

cidadepersoas– Renda Social Municipal, que beneficiará a entre 500 e 1.000 familias en risco de exclusión social (2,1 millóns)

– Plan de Emprego, que aspira a reducir nun 6% a taxa de paro na cidade (2,5 millóns)

– Dous millóns de euros para Igualdade e Diversidade, unha área transversal a toda acción de goberno. Creación do Observatorio da Igualdade

– Plan de Hábitad Digno. Traballo e vontade para a erradicación dos asentamentos precarios, cun enfoque integral (600.000€)

– Subvencións para a instalación de ascensores en edificios con problemas de mobilidade (1.350.000€)

– Aposta pola rehabilitación de vivendas, en lugar de obsesionarse coa obra nova (600.000€)

– Servizo de canguraxe municipal, para facilitar a conciliación (300.000€)

 

 Segundo eixo. Cidade Sostible

Neste apartado inclúense as actuacións que teñen que ver coa protección do medio ambiente e a mobilidade. Suman 59 millóns de euros, 43,5 millóns para Medio Ambiente e 15,46 millóns para Mobilidade.

A súa dotación aumenta en 3,3 millóns (+6,01%), co que reciben o  24,15% dos recursos municipais para 2016, fronte ao 22,10% dos presupostos do ano pasado.

cidadesostible

Medio Ambiente
– Eliminación dos vertidos á Ría do Burgo. En seis meses, o goberno localizou 20 fontes de contaminación e eliminou un terzo. Pero queda traballo por facer (2,5 millóns de euros)

– Ampliación da rede de hortas urbanas.

– Sacrificio cero de animais. Melloras na canceira, programa de xestión das colonias felinas e creación dunha área canina no Paseo das Pontes.

Mobilidade

– Redeseño das liñas de autobús urbano, para ter unha rede adaptada á cidade de hoxe, non a dos anos 80. (750.000€)

– Procura de alternativas á Tarxeta Millenium

– Novas rutas de carril bici, incluíndo unha conexión co campus universitario

 

Terceiro eixo. Cidade Viva

Baséase na promoción da cultura e o deporte, entendendo este último como unha manifestación cultural antes que coma un espectáculo. Suman 25,82 millóns de euros, fronte os 23,86 millóns do ano pasado (+8,22%) O peso relativo das políticas culturais no proxecto orzamentario para 2016 é do 10,56%, fronte ás 9,47% de 2015.

cidadeviva_xeralCultura

– A maior achega municipal da historia ao Consorcio para a Promoción da Musica, mentres outras administracións reducen o investimento (3.695.900 euros)

– Reforzo do Servizo de Normalización Lingüística, ignorado polo executivo anterior.
– Plan  Municipal de Bibilotecas, que potencia as actividades de lectura e a participación da cidadanía.

– Cumprimento da Lei de Memoria Histórica, eliminando os nomes que por dignidade non teñen cabida no noso rueiro.

 

Deportes

– Melloras nas instalacións deportivas da Torre de Hércules (200.000 euros)

– Reforma das pistas de Atletismo de Elviña

 

Cuarto eixo. Cidade Aberta e Participativa

O cuarto píar deste proxecto de orzamentos para A Coruña céntrase en poñer á cidadanía no centro da acción política, e resulta transversal a todo o goberno. Contará con máis de dous millóns de euros, dos que 1,6 destínanse á nova Concellería de Participación Cidadá. En total, increméntanse en máis do 50% con respecto aos orzamentos anteriores.

– Novas canles de participación, e reforzo das que xa existen: A Porta Aberta, o Escano Cidadán, os encontros DilloTi e o teléfono 010 (800.000 euros)

– Elaboración dos Orzamentos de 2017 dun xeito participativo (50.000 euros)

– Creación do Laboratorio de Innovación Democrática

 

Máis actuacións

Unha parte significativa dos ingresos municipais destínanse ás áreas necesarias para o funcionamento do Concello da Coruña, como institución. O capítulo máis destacado é o do gasto de persoal, que suma 62,15 millóns, un 1,44% máis que o ano anterior.

– Suba salarial do 1% a todas as traballadoras, o máximo permitido polos Orzamentos Xerais do Estado.

– Devolución da parte correspondente da paga extra que o PP lle retirou ao funcionariado en 2012

– Aumenta nun 3% o investimento en persoal nas áreas de política social, en relación coa posta en marcha da Renda Social Municipal e o plan de hábitat digno.

Cómpre salientar o pago dos intereses da débeda, un concepto no que este goberno aforrará 2,2 millóns de euros ao longo de 2016, grazas ao refinanciamento de máis de 600 millóns de euros en créditos, solicitados polos gobernos anteriores.

Have your say