Concello

O concelleiro Xiao Varela acompañou ás cooperativas a visitar as obras de urbanización do Ofimático.

Ofimático | Urbanización para as vivendas das cooperativas

Nos 28 anos de urbanismo inhumano do parque Ofimático só chegaron a construírse tres edificios (hai outros dous en marcha pero lonxe de rematar). Foi da man de tres cooperativas, que representan a máis dun cento de familias. Dúas delas, A Carnocha e Cofuncovi, son promocións de vivenda pública, mentres que a terceira, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas Parque Ofimático, é unha iniciativa privada. Mentres os grandes promotores discutían a urbanización do parque e as persoas propietarias de terreos se vían atrapadas nas manobras urbanísticas, o principal e lexítimo interese das cooperativistas era poder comezar as obras e entrar nas súas vivendas.

En 2011, ao pouco de se aprobar o primeiro contrato de urbanización, as tres cooperativas comezaron a construír os seus respectivos edificios. Tres están xa rematados, e dous mais están a plantar a súa estrutura. Pero a xustiza anulou por ilegal este contrato licitado por PSOE e BNG e impulsado polo PP no seu mandato e as vivendas das cooperativas quedaban sen servizos básicos como agua, luz e acceso por estrada.

E que fixo a Marea Atlántica?

Licitar, no mínimo tempo posible, un novo contrato de urbanización que dea servizo a estes edificios, no chamado sector 10. Logo da necesaria negociación coas grandes promotoras, para evitar que unha nova denuncia paralizase o proceso durante outra década, deuse luz verde ao contrato o 24 de maio de 2017, na Xunta de Goberno Local do Concello. Foi un dos primeiros investimentos do Orzamento Municipal para este ano, que tiveron que ser aprobados en maio por mor do bloqueo de PP e PSOE.

Este contrato ten un importe de 2,54 millóns de euros e foille adxudicado á Unión Temporal de Empresas Arias Infraestruturas SA-Comsa Instalaciones y Sistemas Industriales. En xuño, cando pasaron os 15 días de prazo legal por se había reclamacións, e cando a UTE entregou toda a documención necesaria, comezaron os traballos previos (topografía, instalacións necesarias para o persoal, xestión de residuos, etc). O 26 de xullo iniciáronse as obras na superficie do Ofimático, que remataron un ano despois, o 31 de xullo de 2018.

Tardaron máis do debido, porque no Ofimático nada e sinxelo e xurdiron algúns problemas. O principal foi que a empresa eléctica Gas Natural-Unión Fenosa tardou máis do debido en retirar varias torretas de alta tensión que impedían rematar os accesos por estrada ás vivendas. Pero finalmente conseguiuse. E, en todo momento, os representantes das tres cooperativas estiveron informados da situación.

Con estas actuacións, o polígono xan ten conexión coa rede viaria, iluminación, subministro de auga, saneamento e posibilidade de dar de alta o servizo eléctrico, ademais de protección nos desniveis e outras tarefas básicas para outorgar as licenzas de primeira ocupación que agardan as cooperativas cunha impaciencia comprensible. Agora por fin poderán conseguilas, e serán as primeiras familias converter en barrio o que era unha desfeita urbanística.


Perdécheste?

Volve ao artigo inicial.
Aquí tes un cronograma dos feitos.
E aquí un pequeno esquema que amosa en que mans están os terreos do Ofimático.

[Aviso honesto: A situación do Ofimático é tan longa, complexa e chea de reviravoltas que supera os límites destes artigos. Se desexas coñecer máis a fondo o proceso, recomendámoste o traballo do colectivo Ergosfera, Cousa de Elviña]

Have your say