Mareas

O túnel da Mariña tamén impide desenvolver o PMUS.

O actual Goberno municipal vén de aprobar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que se desenvolverá ó longo de 10 anos, ata 2024, cun gasto previsto de 20 millóns de €. O promedio de gasto para desenvolvelo sería duns 2 millóns anuais, pero no seu primeiro ano, o ano do pulo inicial, só se investirán 400.000 €, cinco veces menos do que sería preciso.

 marina

É curioso que o Goberno Municipal da Coruña contemple nos Orzamentos para 2015 un gasto de 400.000 € no capítulo de Mobilidade, e ao mesmo tempo, anuncie unha débeda de 10,5 millóns de € para pagar o túnel que están a facer na Mariña, débeda que medrará en 4 ou 5 millóns máis para acometer obras e dotacións en superficie, aínda que a totalidade de seguro superará con creces estas cifras. Á vista destes datos parece claro que será pola mega obra da Mariña, polo que non se cumpra a inversión media anual de 2 millón de euros no PMUS, sendo chamativo que esta actuación apenas sexa mencionada neste novo plano do 2014.

 O túnel da Mariña custará arredor dos 50 millóns de euros que non servirán en absoluto para mellorar a mobilidade da cidade, senón máis ben o contrario, xa que reproduce a política de escaparate e de centros comerciais dos últimos anos. Esta actuación vén sendo coma quen agacha o lixo debaixo da alfombra, xa que o anuncian sinalando que retirará unha chea de coches da superficie, pero que seguirán por baixo, incluso cabe esperar que veñan máis debido ao centro comercial proxectado en dito túnel. Resulta obvio que iso non ten que ver co fomento da Mobilidade Sostible que debe ter coma guia a diminución do uso do coche particular, coma ben enuncia o PMUS, senón xusto co contrario.

 

Debe resultar moi complicado para o Partido Popular defender a súa xestión no tema de mobilidade dende que chegaron a María Pita no 2011. Naquel ano, atóparonse cun plano de Mobilidade recén feito que custou 120.000 euros, que contaba co aval de ter sido implantado exitosamente en cidades como Vitoria e Barcelona, e que propoñía un modelo de cidade onde se apostaba por reducir os privilexios do coche privado. Sen darlle a máis mínima oportunidade a este plano, tirárono ao lixo, e contrataron un plano de mobilidade a unha UTE formada por INECO e EPTISA por valor de medio millón de euros. Os orzamentos deste ano amosan que non teñen ningunha intención de executalo.

 Que o alcalde Negreira rexeite o anterior plano de mobilidade e que inda por riba lle chame desprezándoo “conjunto de papeles” non deixa de ser curioso, porque foi realizado pola mesma empresa á que o goberno do estado lle ten encargado o Libro verde de sostenibilidade urbana e local. Asi que parece que a contratación do novo plano tiña como obxetivo a creación de negocio para dúas grandes empresas de enxeñería, constatando así que que no fondo non interesa apostar por este novo modelo de cidade máis axustado aos libros verdes que publica ese estado que goberna o seu partido.

 supermazas

As actuacións do grupo municipal popular en temas de mobilidade xunto coa execución da obra do tunel da Mariña parecen dificiles de entender sen todas as novas que saen nos medios sobre corrupción relacionadas co Partido Popular, como pode ser a operación Pokemon ramificada en Coruña na operación Pikachu, a recente Operación Zeta, ou a relación do Partido Popular coas grandes contructoras como COPASA, a adxudicataria da obra do tunel da Mariña.

 Dados todos estes feitos, dende a Marea de Mobilidade consideramos que estos últimos anos foron perdidos nesta área, e frente a isto apostamos pola transparencia e a participación cidadá para desbotar esa mobilidade contaminante, baseadas nos intereses de empresas alleas á cidade, apostando por unha mobilidade na que o peón, o transporte público e a bicicleta teñan unha importancia real.

 

1 comment

  1. ¡Carril-bici por favor!
    Cumplid vuestro programa. Muchos confiamos en vosotros.
    Ilusionada y esperanzada.
    Muchas gracias.

    Responder

Have your say