Concello

15385327_1402319609779829_5162880195842303150_o

A Autoridade Portuaria aproba a especulación na Solana e o Hotel Finisterre

O Consello de Administración do Porto acordou vender os terreos da Solana e o Hotel Finisterrre e non destinalos a uso público. Só Xiao Varela, representante do Concello da Coruña, votou en contra

Xulio Ferreiro: “Foi unha xogada de deslealdade institucional absoluta. Pídolle a Feijóo que non sexa cómplice”

 

O Consello de Administración do Porto consumou a infamia. Aprobaron especular cos terreos da Solana e o Hotel Finisterre e ignorar a oferta do Concello para adquirilos e darlles un uso público. O alcalde, Xulio Ferreiro afirmou hoxe que “primeiro impugnaremos esta decisión e logo pediremos responsabilidades colectivas e persoais a quen corresponda. Cremos que o acordo ao que se chegou no Porto é nulo de pleno dereito e temos que ver que pasa coa poxa que queren abrir, que xa está condicionada por unha oferta previa. Dá unha idea do viciado que está este procedemento”.

Con esta operación, a Autoridade Portuaria agarda gañar 10 millóns de euros para tapar unha moi pequena parte dos 300 millóns de débeda xerada por décadas de mala xestión. Só o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, votou en contra desta operación que converte ao Porto nunha inmobiliaria. O resto esqueceu por completo o ben común, confundindo o interese xeral coa rendabilidade económica. Estes son os seus nomes:

  • Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria, designado polo PP
  • Gustavo Ortega Romero, capitán marítimo
  • Jorge Atán, subdelegado do Goberno na Coruña
  • Severino Ares, reprensentante da lonxa
  • Álvaro Mora, representante da Administración Xeral do Estado
  • Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo (PP)
  • Luis Felipe Llamas, Cámara de Comercio da Coruña
  • José Ramón Piñeiro, representante do sindicato maioritario (UGT)
  • Belén Docampo, delegada da Xunta na Coruña
  • Mª Isabel Concheiro, secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

585b93ba6726b-hotel20finisterre20e20vista20parcial20195Mentres tiña lugar o Consello de Administración, un cento de persoas concentráronse ante asede da Autoridade Portuaria, convocadas pola Comisión Aberta en Defensa do Común, para reclamar a  Hai anos roubáronnos a praia do Parrote. Agora queren volver facelo, pero A Coruña non se vende. O goberno municipal chegará ata onde sexa preciso para impedir que se malvenda o que é de todas e todos nós.

 

Avaricia fronte a ben común

“O que tivo lugar onte foi unha xogada de absoluta deslealdade institucional, polo que insisto en pedirlle ao presidente da Xunta que non sexa cómplice, como o foi a conselleira de Medio Ambiente, que votou a favor”, engadiu o alcalde.

“Creo que o Concello da Coruña foi absolutamente xeneroso. Presentámoslle á Autoridade Portuaria unha oferta polo mesmo que pedía, e só recibimos deslealdade a cambio, movida por unha avaricia que leva a especular cuns terreos que deberiamos intentar recuperar para a cidadanía. O que temos de novo ante nós son dous modelos distintos: o que pensa que o ben común e o territorio son para especular, e os que pensamos que son para o goce da xente. O presidente galego non se pode poñer de perfil nesta cuestión”, explicou Xulio Ferreiro.

 

Have your say