Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

É preciso abrir unha reflexión sobre o financiamento do Porto Exterior da Coruña. Ten sentido hipotecar o centro da cidade para cubrir unha pequena porcentaxe do seu custo?

O Porto Exterior de Punta Langosteira leva anos alonxado do debate público. En nome da súa indubidable  importancia para a economía da comarca, desbotouse calquera crítica ao xeito no que foi executado e aos modos nos que se pensa financiar. Desde a Marea, defendemos que xa é tempo de rematar co tabú e poñer sobre a mesa algunas cuestións fundamentais.

infografia porto

  •  Imos privatizar o centro da cidade para cubrir unha pequena parte do custo da obra do Porto Exterior?
  • Quen se resposabiliza do enorme desfase entre o orzamentado e o custe final dos traballos?
  • Por que A Coruña é a única cidade na que o Estado e a UE non pagan as infraestruturas portuarias?
  • Precisa unha cidade coma a nosa, cunha chea de centros comerciais e 20.000 vivendas baleiras, unha operación urbanística nos terreos do porto interior?

Precisamos respostar estas preguntas, porque o Porto de Punta Langosteira non pode impulsarse a calquera prezo, e menos a costa do patrimonio de toda a veciñanza da Coruña. A cidadanía non pode cargar co peso das malas decisións tomadas por dirixentes anteriores.

O porto, a debate