Concello

PONTEVEDRA

O porto, a debate

É preciso abrir unha reflexión sobre o financiamento do Porto Exterior da Coruña. Ten sentido hipotecar o centro da cidade para cubrir unha pequena porcentaxe do seu custo?

O Porto Exterior de Punta Langosteira leva anos alonxado do debate público. En nome da súa indubidable  importancia para a economía da comarca, desbotouse calquera crítica ao xeito no que foi executado e aos modos nos que se pensa financiar. Desde a Marea, defendemos que xa é tempo de rematar co tabú e poñer sobre a mesa algunas cuestións fundamentais.

infografia porto

  •  Imos privatizar o centro da cidade para cubrir unha pequena parte do custo da obra do Porto Exterior?
  • Quen se resposabiliza do enorme desfase entre o orzamentado e o custe final dos traballos?
  • Por que A Coruña é a única cidade na que o Estado e a UE non pagan as infraestruturas portuarias?
  • Precisa unha cidade coma a nosa, cunha chea de centros comerciais e 20.000 vivendas baleiras, unha operación urbanística nos terreos do porto interior?

Precisamos respostar estas preguntas, porque o Porto de Punta Langosteira non pode impulsarse a calquera prezo, e menos a costa do patrimonio de toda a veciñanza da Coruña. A cidadanía non pode cargar co peso das malas decisións tomadas por dirixentes anteriores.

2 comments

  1. Non podo entender que o meu alcalde, a quien eu botéi, diga que o porto exterior sexa coma o aeroporto de Castellón. Convén non dicir en Madrid o que os nosos inimigos veñen decindo dende hai anos, para non falar da Cidade da Cultura. Sr. Alcalde o Porto é Moi
    necesario e así pensamos moitos coruñeses que votamos a Marea. Os problemas son outros. Para candi o cambio dos nomes das rúas e cumprir a leí? Xa tuvo que rectificar co asunto do aeroporto de Alvedro. Hai que ter claras algunas cousas do común da Cidade e non abrir frontes sin necesidade.

    Un votante ainda ilusionado.

    Responder
    • Javier, grazas por compartir a túa opinión. Se queres saber o que realmente dixo o alcalde, podes comprobalo no vídeo que se integra neste artigo. Xulio Ferreiro criticou o xeito no que se pretende financiar o Porto Exterior, non a infraestrutura en si. A obra de Langosteira é importante e permitirá retirar actividades perigosas do centro da cidade, como a descarga de carbón e petróleo, pero iso non significa que todo estea permitido para sacala adiante.

      Noutras cidades, como Ferrol ou Xixón, o Ministerio de Fomento pagou as obras portuarias. Na Coruña, preténdese que a cidade asuma unha terceira parte do gasto, que xa supera os 750 millóns de euros (e a obra aínda non está rematada). E cómo o fará? Permitindo que se faga unha operación urbanística no porto interior, en plena fachada marítima. Desde a Marea cremos que ter máis centros comerciais e torres de nove pisos á beira do mar non está xustificado, e menos aínda para correr só cunha parte do gasto do Porto Exterior.

      A nosa proposta é que Fomento asuma o custo das obras, como é a súa obriga, e que os peiraos do porto interior se adapten para beneficiar á cidadanía, non a unha presa de promotores inmobiliarios.

      Responder

Have your say