Concello

13-06-16 Foto Renda Social Municipal

O pleno aproba as mocións da Marea Atlántica contra o peche de camas e a favor do tren de cercanías

Silvia Cameán denunciou que “a Consellería de Sanidade está a priorizar, de novo, os recortes fronte a atención aos pacientes”

Daniel Díaz Grandío lembrou que o ferrocarril de proximidade é “un dos xeitos máis eficientes de acadar un transporte público sostible e capaz de reducir o uso do coche privado”

O pleno do Concello da Coruña, celebrado onte, aprobou as dúas mocións presentadas polo grupo municipal da Marea Atlántica, contra o peche de camas nos centros sanitarios públicos durante o verán e, en colaboración coa Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas, para reclamar a creación dunha rede de ferrocarril que garanta a mobilidade na nosa comarca.

A primeira das mocións insta á á Xunta de Galicia a revogar os peches de camas previstos nos hospitais públicos, e amosa o rexeitamento de da Corporación Municipal ante calquera política de recortes sanitarios, xa sexa no Goberno central ou na Administración autonómica, ou en calquera institución con competencias na materia.

Na defensa do texto, a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán,lembrou que “con estas decisións a poboación sufrirá un importante deterioro na calidade do servizo sanitario, xa que a Consellería de Sanidade está a priorizar, de novo, os recortes fronte ás necesidades da veciñanza de asistencia sanitaria”. Tamén salientou que tanto os recortes sanitarios como os peches de camas supoñen “un maior deterioro do servizo e, a súa vez, un incremento das listas de agarda, que xa na actualidade son especialmente alarmantes”.

En defensa do tren de proximidade

A segunda moción presentada polo grupo da Marea Atlántica recollía a demanda da  Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas, para reclamarlle ao Goberno do Estado que saia elixido tras as eleccións do 26 de xuño que faga o investimento necesario “para crear un auténtico ferrocarril público que garanta a mobilidade en toda a comarca”.

Defendeuna o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, quen lembrou que “é necesario apostar fortemente polo transporte público, xa que o modelo do coche privado é insostible”. Neste sentido, asegurou que o tren de proximidade é un dos xeitos “máis eficientes no económico e no ambiental” de contar cunha rede de transporte que ofreza unha alternativa clara ao vehículo particular.

 

Have your say