Saltar ao contido
palestra O 15

E presentámolo falando de xornalismo e política

O venres 29 de xaneiro o Grupo de Comunicación da Marea Atlántica presenta o número 3 do xornal O 15 no que se fala un pouquiño de nós e das nosas ilusións e moito do modelo de cidade e de sociedade que entre todas queremos construír. Na Coruña e noutras cidades irmás.

A presentación de O 15 (nº 3) irá seguida do coloquio Outras formas de comunicar a política con representantes do xornal Diagonal (Ana Álvarez), Praza Pública (Miguel Pardo), Cuac FM (Isabel Lema) e Vigoalminuto.

Haberá tempo para que as persoas asistentes acheguen as súas opinións. Ademais de crise de partidos será certo que hai crise de medios de comunicación?

O acto terá lugar ás 20.30 no local da Marea Atlántica na Coruña, na Praza do Humor (Praza dos Ovos). Que non volo conten. Vivídeo “ao vivo”.

O número 3 do 15 xa está aquí