Municipalismo

photo_2016-02-01_18-23-07

O municipalismo avanza cara a confluencia nas eleccións autonómicas

No encontro celebrado o 31 de xaneiro na Pobra do Caramiñal, que contou coa participación de 150 persoas de máis de 30 mareas, acordouse crear os primeiros grupos de traballo e seguir unha folla de ruta na que se teña en conta un posible adianto electoral

 

A Marea Atlántica participou no segundo encontro de iniciativas municipalistas galegas, celebrado na Pobra do Caramiñal, no que acordou continuar avanzando nun proceso de confluencia de cara as eleccións galegas. Coa participación de 32 mareas de todo o país, representadas por unhas 150 persoas, na localidade do Barbanza tomouse a decisión de crear os primeiros grupos de traballo para darlle forma a unha opción que, desde o liderado cidadán e coa máxima participación, represente as políticas do cambio e sexa capaz de ilusionar.

photo_2016-02-01_18-23-15Desde a Marea, saudamos o esforzo destes grupos de traballo, que xa están operativos desde hoxe e contan coa colaboración, horizontal e participada, de persoas das distintas plataformas municipalistas. Son oito en total e céntranse nas tarefas e obxectivos que acadaron o maior consenso no encontro da Pobra: Mediación, Feminización, Comunicación Interna e Ferramentas, Mapa Territorial, Principios Básicos, Código Ético, Programa Participativo, Primarias, e Forma de Goberno.

Tamén se acordou fixar un prazo breve para o vindeiro encontro, pensando nun posible adianto electoral. Alí, continuarase o labor a partir dos resultados ofrecidos polos distintos grupos.

A través deste proceso, que se iniciou na Estrada, as plataformas municipalistas galegas seguirán a traballar como colectivos para impulsar un proceso de confluencia coa máxima participación, pero liderado pola cidadanía e construído de abaixo arriba. É preciso para xerar a forza necesarias para repetir os éxitos acadados polas opcións do cambio nas últimas convocatorias electorais e rachar de vez coas políticas antisociais do Partido Popular.

Galería de fotos

photo_2016-02-01_18-22-47

 

Have your say