Novas da Marea

O goberno de Carlos Negreira paga tarde

Os Concellos son uns dos moitos xestores de cartos públicos. A súa xestión debería ser tan limpa e puntual como a que se nos esixe ás cidadás e cidadáns á hora de tributar os nosos impostos municipais, sexamos particulares, asociacións, empresas ou calquera outra figura xurídica. Sen embargo, isto non é así e moitos proveedores de bens e servizos aos concellos ven adiados os seus cobros, ás veces dunha forma completamente irresponsable e sen respecto nin protección ningunha de cara ao traballo brindado.

Como funciona o goberno de Carlos Negreira a este respecto?

O período medio de pago a proveedores (PMP) do concello da Coruña é de 39,71 días, que ademais de ser superior ao máximo que fixa a lei (30 días) sobrepasa tamén ao das restantes cidades galegas: o concello presidido por Carlos Negreira ten 33,3 millóns de euros pendentes de pago (importe tamén moi superior ao das outras cidades), tal e como se reflicte na figura adxunta correspondente ao mes de outubro deste ano. No mes anterior [setembro], A Coruña tamén incumpría o PMP, co cal o concello pasa agora a estar tutelado pola Xunta e o Estado na súa xestión económico-financeira para que cumpra co PMP máximo legal.

 

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES- Outubro 2014 Ratio deOperaciónsPagadas Importe dePagosRealizados Ratio deOperaciónsPendentes dePago Importe dePagosPendentes Periodo Mediode Pago
Coruña (A) 59,91 21.163.062,79 € 26,87 33.291.243,92 € 39,71
Santiago de Compostela 13,29 3.244.487,14 € 17,86 7.808.442,58 € 16,52
Ourense 6,84 3.691.203,75 € 75,57 122.552,62 € 9,05
Pontevedra (5,73) 4.190.026,10 € (9,24) 551.351,26 € (6,13)
Vigo (9,57) 12.034.982,18 € (20,47) 3.748.732,31 € (12,16)

 

Have your say