Saltar ao contido

A Marea Atlántica asistirá á esta xuntanza para avanzar no traballo de creación dun proceso de confluencia que concorra ás eleccións autonómicas

Continuará o camiño que se iniciou o pasado mes de xaneiro na Estrada e na Pobra do Caramiñal

A Marea Atlántica participará este domingo 21 de febreiro, na cidade de Lugo, no terceiro encontro de iniciativas municipalistas galegas, no que se avanzará no traballo pola creación dun proceso de confluencia, que comezou nas xuntanzas na Estrada (16 de xaneiro) e na Pobra do Caramiñal (31 de xaneiro), nas que participaron máis de 30 mareas das catro provincias.

A xornada desenvolverase entre as 10.00 e as 19.00, no local de Lugonovo (Ronda da Muralla, 164). O obxectivo é afondar nos acordos acadados nas anteriores citas, e continuar os avances na construción dunha plataforma de confluencia que teña posibilidades reais de xerar ilusión e levar as políticas da xente ás institucións galegas nas vindeiras eleccións autonómicas.

Ao igual que na anterior xuntanza, as conversas desenvolveranse cunha metodoloxía de facilitación que favoreza a inclusión e a participación de todas en pé de igualdade.

Este encontro está dirixido ás persoas que participan nas iniciativas municipalistas galegas. Podes inscribirte neste formulario.

O domingo, en Lugo, novo encontro das Mareas en Común