Mareas

Nace a Marea LGBTI+

Este xoves, 16 de xullo, ás 20.00 horas, reunirase por primeira vez a Marea LGBTI+. Será unha asemblea aberta na que todas estades convidadas a participar

15_07_16_EVENTO_FB_MAREA_lgtbi

 

Un dos principios básicos da Marea Atlántica é garantir unha vida digna para TODAS as persoas. Para cumprilo, é preciso incorporar a realidade das persoas LGBTI+ da cidade: lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais. Facer da nosa cidade un espazo comprometido na loita contra a homofobia, bifobia e transfobia.

Todas estas formas de discriminacións precisan ser superadas de forma urxente, para poñerlle freo ao aumento de agresións homófobas e crimes de odio do pasado ano 2014, gran parte deles relacionados coa orientación sexual ou identidade de xénero das vítimas.

Debemos seguir traballando para acadar a igualdade real das persoas LGBTI+ ao longo da vida: infancia, mocidade, familias e maiores.

Nas institucións pero sobre todo nas rúas, para visibilizar e incorporar estas realidades diversas nos centros educativos, no acceso ao emprego e á vivenda, no ámbito sanitario, na administración, nas expresións da cultura, nas prácticas deportivas e no tempo de lecer.

Para superar as barreiras, artellamos esta Marea LGBTI+, co obxectivo de integrar na sociedade outra forma de ser, outros corpos, outro xeito de amar e relacionarnos. Súmaste para facer da sociedade coruñesa un exemplo de diversidade?

PARTICIPA!

ASEMBLEA ABERTA – MAREA LGBTI+

Día 16 de xullo, ás 20:00, na Praza Marqués de San Martín (fronte á Igrexa de San Xurxo e á Praza de María Pita)

Have your say