Mareas

14713569_1333176750027449_6389823821220854908_n

Nace a Marea de Monte Alto

Nun barrio obreiro, activo e con intelixencia colectiva abondo, bota a andar unha nova marea barrial para facer cidade desde abaixo, en común e coa veciñanza

 

Entre María Pita e a Torre de Hércules, medrou o mar. A Marea de Monte Alto, As Atochas e Durmideiras presentouse oficialmente o pasado 22 de outubro, no Campo da Leña, e xa comezou a recoller as primeiras ideas e necesidades para estes barrios na fronteira da Coruña co mar.

Esta marea veciñal quere facer cidade desde o barrio, como un mecanismo para que a veciñanza poida propoñer de xeito colectivo solucións aos problemas do seu entorno. E xa se demostrou nesta xuntanza inicial que ganas non faltan. Algo máis dun centenar de veciños e veciñas reuníronse na praza para facer propostas en común.

Falouse do pequeno, de crear zonas controladas para cans, de coidarnos e coidar a quen máis o precisa, de recuperar os espazos públicos con propostas e actividades. E falouse do grande, de peonalizar rúas onde os coches non teñen sentido, de mellorar a comunicación co resto da cidade, de combater a especulación urbanística e recuperar o antigo cárcere para a xente. Son puntos de partida para ir traballando e desenvolver, do pequeno ao grande, ideas para mellorar mellor.
Unha historia de resistencia

14666205_1333176416694149_8470615390481780604_n  Monte Alto é barrio activo. Un Barrio obreiro e con intelixencia colectiva abonda. É un lugar cunha longa historia de mobilización, que se remonta á fundación da primeira asociación de veciños en 1910. Foi un barrio que loitou contra a ditadura, no que a xente deixou a vida por defender a liberdade, nas pedras do Campo da Rata. Foi un lugar de resistencias, a terra natal do movemento bravú e o fogar da Casa das Atochas, das Maribolheras Precarias, do Atreu e de tantas outras iniciativas. É onde traballan agora os centros sociais A Comuna e Gómes Gaioso, con propostas autoxestionadas e

Agora, a Marea Atlántica quere sumarse a esa tradición, humildemente, desde o traballo de base e desde o esforzo da cidadanía organizada. Para construír xuntas o futuro que queremos. En Monte Alto, hai Marea!

Have your say