Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

A rúa non e só para os coches e a hostalería. O deporte non está só nos pavillóns e nos campos de fútbol. Non é preciso investir centos de miles de euros en infraestruturas A cidade conta con moitos lugares nos que se poderían instalar equipamentos sinxelos, que non impidan nin limiten a actividade. É un xeito de reconquistar o espazo público e de fomentar a práctica do deporte como opción saudable e de ocio.

Para isto, como para todo, precisamos a colaboración da cidadanía. De seguro que no teu barrio hai algún oco no que iría ben unha canastra, ou unha mesa de ping-pong, ou o que toque. Sabes dalgún equipamento deteriorado, ou que permaneza pechado ao público? Compárteo con nós. Buscamos #EspazosDeporte

Manda as túas fotos, propostas e ideas ata o 30 de setembro. Podes:
– Publicalas neste evento en Facebook
– Poñelas en Twitter, co hastag #EspazosDeporte
– Envialas por correo a mareadeporte@mareatlantica.org

 

 

 

Na procura de espazos para o deporte