Mareas

cabeceira_FB_deporterua

Na procura de espazos para o deporte

A rúa non e só para os coches e a hostalería. O deporte non está só nos pavillóns e nos campos de fútbol. Non é preciso investir centos de miles de euros en infraestruturas A cidade conta con moitos lugares nos que se poderían instalar equipamentos sinxelos, que non impidan nin limiten a actividade. É un xeito de reconquistar o espazo público e de fomentar a práctica do deporte como opción saudable e de ocio.

Para isto, como para todo, precisamos a colaboración da cidadanía. De seguro que no teu barrio hai algún oco no que iría ben unha canastra, ou unha mesa de ping-pong, ou o que toque. Sabes dalgún equipamento deteriorado, ou que permaneza pechado ao público? Compárteo con nós. Buscamos #EspazosDeporte

Manda as túas fotos, propostas e ideas ata o 30 de setembro. Podes:
– Publicalas neste evento en Facebook
– Poñelas en Twitter, co hastag #EspazosDeporte
– Envialas por correo a mareadeporte@mareatlantica.org

 

 

 

3 comments

  1. Los centros cívicos están asumiendo actividades físicas. Eso está bien pues el clima de grupo que se crea en los centros cívicos no se crea en las instalaciones deportivas. No obstante todos los años queda mucha gente para participar en estas actividades y el problema es que las instalaciones deportivas municipales no las potencian. Debería haber en las insta cines deportivas municipales actividades para todas las edades de las siguientes disciplinas: yoga, taichi,gimnasia suave,zumba y pilares, danza del vientre

    Responder
  2. Sobre a polémica referida ao sexismo da Carreira da Muller, como xa comentei na páxina do Concello da Coruña no Facebook, apoio total:
    “Sobre a Carreira da Muller, total e absoluto apoio á Concellería de Igualdade e ao seu nulo apoio a un evento sexista ; e ,ademais , unha carreira popular pseudosolidaria e onde a solidariedade case é o de menos.Os datos son claros : no 2014 apenas un 7,8% (0,624€ dos 8€ di nscripción) foron realmente doados á causa solidaria e no 2015 , duplicando teoricamente (segudo a organización) as doazóns á AECC, realmente foi un exiguo 12,5% ( 1,25 dos 10€) ; onde foron o resto dos ingresos e as aportacións dos patrocinadores, ao beneficio das empresas organizadoras?
    Todos estes datos veñen neste link , que, ademais ten un derradeiro paragrafo clarificador: se os concellos se decidisen verdadeiramente a implicarse na organización desta proba os ingresos serían mais cuantiosos e realmente en beneficio da loita contra o cancro de mama.”
    http://valenciarunner.com/speaker-valencia-los-numeros-de-la-carrera-de-la-mujer/
    Resunindo, para vindeiras edicións ou ben actuar como agora (dar licenza a unha actiidade privada cado a solicite en regla e só apoio en temas de ráfico e seguirdade) ou asumir directamente a xestión da mesma dende a concellería de deportes ca doazón íntegra dos beneficios conqueridos á causa benéfica (neste caso a AECC), eliminando ademais elementos sexistas..

    Responder
  3. Transmítovos a mensaxe qeu deixei na páxina do Concello no Facebook referida á problemática do incremento de prezos nas carreiras populares:
    “Sr. Ilmo. Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento José Manuel Sande : a única carreira atlética apta para profesionais que se celebra na Coruña é o Gran Premio Cantones de A Coruña de marcha atlética, que na súa XXIX edición víu como a china Liu Hong batiu a plusmarca mundial na proba dos 20 quilometros; e espero e desexo que non se vexa afectada para vindeiras edicións por futuros recortes de gasto. O resto de carreiras teñen un carácter eminentemente popular
    http://www.marca.com/2015/06/06/atletismo/1433616255.html
    Sr. Ilmo Sande: segue xustificando de momento a suba nos prezos das populares nos custos que supoñen para o Concello, agardo que nese pleno do lúns dea uha relación pormenorizada dos mesmos e dea unha xustificación de porqué, se a cuestión é reducilos gastos, se manteñen, por exemplo :
    – premios en metálico valorados en 6000€.
    -regalos (camisetas técnicas , medallas de finisher)
    -celebración de gala final do circuito Coruñacorre, cando a entrega dos premios e trofeos do circuito se podería realizar nun acto ao finalizala derraeira carreira do mesmo ( Oza).
    -contratación de profesionais do atletismo (Vanesa Veiga, Yolanda Gutierrez, Pedro Nimo,…….) , dos que non teño nada en contra , pero que veñen á cidade a realizar unha serie de actividades paralelas á feira do corredor (entrenamentos grupais, charlas sobre estiramentos,…….) cobrando uns diñeiros; diñeiro que se podería aforrar contando cos técnicos dos clubes da cidade cos que se mantén convenios (Riazor, Coruña Comarca) .
    -publicidade estática e anuncios inseridos en xornais promocionando as distintas carreiras.
    Asimesmo podería explicar:
    -se os trocos no percorrido da Coruña (que implican unha nova homologación do mesmo, co gasto que iso conleva ) eran precisos e ineludibles por temas de tráfego e ou seguridade.
    -se se analizou realizar a inscripción e a cronometraxe con ofertas mais baratas que Championchipnorte (a propia coorganizadora da carreira , a FGA, ten web para inscripción en carreiras e cronometaxe manual cos xuíces).
    -e finalmente, pero non menos importante, se considera que a eliminación da carreira dos menores nesta Coruña10 fomenta a práctica de hábitos saudabeis en idades tempranas ou se considera que iso non entra dentro das competencias da concellería de deportes. Moitas grazas polas posibeis respostas.”
    Resuumindo: hai que diferenciar carreiras profesionais (Gran Premio de Marcha dos Cantóns) de carreiras populares onde se procura fomentala actividade física e os hábitos saudabeis; e estando de acordo con que o Concello tén que priorizalo gasto (en tempos de crise económica e falla de ingresos públicos haberá que priorizar en temas sociais) o fomento de hábitos saudabeis é , insisto, tamén importante e haberá que reducir gastos e non repercutir no contrubuínt atleta ( como veredes, no comentario no Facebook, falo de eliminar premios en metálico, regalos (camisetas técnicas e medallas de finisher), estudar alternativas que poidan ser mais económicas en temas de xestión de inscripción e cronometaxe (como os que poida ofrecer a propia FGA), redimensionamento no tema de publicidade estática e en medios de comunicación (reforzando mais a comunicación a través da web municipal e RRSS), eliminación da gala final do circuito Coruñacorre aproveitando a celebración da derradeira carreira (Oza) para facela ceremonia de entrega de trofeos,………… En fin, infinidade de temas nos que se podía incidir para reducir gasto e non duplicalo prezo das inscripcións.
    P.D. 1: Cando se fala de gasto e que para as arcas municipais supón un custo de 30000€ a organización das 3 carreiras (Coruña10, Media e Maratón) , estaría ben, nun exercicio de transparencia , facer un desglose das cifras.
    P.D. final: aproveitando o troco de percorrido da Coruña10 (que finaliza ao carón do Estadio de Riazor), non daría mais realce á carreira finalizala dentro do estadio , poñendo o arco de chegada no tepe de cespede que acabades de colocar sobre as vellas pistas de atletismo, sen chegar a pisar en ningín momento a cancha? Podedélo estudar para vindeiras edicións , se se mantén o percorrido e non coincide con partido do Depor, obviamente.

    Responder

Have your say