Autonómicas

_DSC0006

Na confluencia, hai mareas!

A Marea Atlántica saúda a decisión das iniciativas municipalistas galegas de implicarse na creación dun proceso de confluencia liderado pola cidadanía

Máis de 160 persoas de 39 plataformas municipalistas de toda Galicia participaron o 16 de xaneiro nunha xuntanza na Estrada, á que tamén acudiron os alcaldes da Coruña, Santiago, Ferrol, A Pobra e Sada. En vindeiras reunións, decidiranse a folla de ruta da estrutura organizativa e os mecanismos de participación e apertura

Trinta e nove municipalistas das catro provincias galegas, representadas por máis de 160 persoas participaron onte, sábado, nun encontro na Estrada, onde acordaron colaborar e traballar de xeito conxunto na creación dun proceso de confluencia liderado pola cidadanía.

A xuntanza foi moi positiva e serviu para tecer redes entre os diferentes procesos municipalista e poñer sobre a mesa os requirimentos que debe ter un proceso destas características, que represente ás políticas do cambio en Galicia.

Na cita tamén estiveron presentes os alcaldes da Coruña, Xulio Ferreiro; Santiago de Compostela, Martiño Noriega; Ferrol, Jorge Suárez; Sada, Benito Portela; e a Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro.

photo_2016-01-17_17-25-16Así, desta xornada inicial xurdiu o acordo de seguir adiante coa construción da confluencia, desde a participación e coa cidadanía á fronte. Só así poderase xerar un proxecto ilusionante e con posibilidades reais de recuperar as institucións para a xente común.

Por petición de todas as asistentes, o grupo de mediación que se encargou de poñer en marcha este encontro de mareas comeza de seguir a traballar para fixar a data do seguinte. Nela se debaterán a folla de ruta da confluencia, a estrutura organizativa do proceso, e os mecanismos de participación e apertura dos que se dotará.

Galeria de fotos

Mareas participantes

A Riada do Tea
ACE-Marea de Cangas
Agrupación de Electores de Arbo
Alternativa Veciñal do Carballiño
Ames Novo
Asemblea Cidadá de Cambre
Asemblea Cidadá de Carral
Asemblea pola Unidade
Betanzos Novo
Boiro Novo
Compostela Aberta
EspertaMonforte!
Ferrol en Común
GañaMos Asemblea Veciñal
Gondomar Concello Aberto
Iniciativa Cidadá de Mugardos
Lugonovo
Manifesto Miñor
Marea Atlántica
Marea de Mos
Marea Noia
Marea de Vigo
Marea Pontevedra
Marea Veciñal de Culleredo
Marea Veciñal de Marín
Movemento Veciñal Estradense
Nigrán Decide
Nós Pobra
Ourense en Común
Plataforma Aberta Cidadá de Lalín
Riada Cidadá do Barco de Valdeorras
Rianxo en Común
Ribeiro en Común
Sadamaioría
Somos Cabanas
Somos Cambados
Somos Fene
Son de Toén-Anova
Veciñanza (Cuntis)
Xuntas por As Pontes
Vilalba Aberta

2 comments

  1. Pingback: Avanzando no camiño do cambio | Xuntos por As Pontes

  2. Pingback: Confluencia de Mareas | Asemblea Cidadá de Carral

Have your say