Saltar ao contido

Porque hai cousas que non se sosteñen.

A nosa pegada urbana, como cidadás comprometidas, debe ser medida e respectada. As e os que formamos parte da Marea Atlántica medramos nunha cidade marítima, construída en parte sobre o mar, que a día de hoxe conta con escasas zonas verdes, unha enigmática xestión do lixo [só se recicla un 13% do lixo e no noso pasado recente hai unha traxedia relacionada co monte de lixo de Bens] ou unha refinería. Como xestionamos e poñemos couto á nosa pegada medioambiental? Como sostemos o equilibrio entre nós e o resto de seres vivos cos que compartimos hábitat, ceo, auga e terra?

Sería estupendo poder escoitar a voz de todas a este respecto. O punto de reunión desta nova asemblea aberta da Marea Atlántica ha ser o vindeiro mércores 26 de novembro, nos soportais do Teatro Rosalía de Castro, ás 19:30. Será a Marea de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Á forza da Marea non se lle poñen portas. E o falar e debater tampouco ha ter cancelas.

 

Participa!

 

 

14_11_26_A3_MAREA MEDIO AMBIENTE

Mareas | Marea de Medio Ambiente e Sustentabilidade