Saltar ao contido

Queixámonos de que decidan por nós. De non intervir como nos gustaría. Na rúa tómaselle o pulso real á cidade e hai ferramentas para sondar a opinión da xente máis aló dunha cita coas urnas cada catro anos. Hai posibilidade real de intervir e cremos que ganas de facelo. A tal fin, a Marea Atlántica nútrese de dous pulmóns de intervención:

as Mareas temáticas, que abordan problemáticas municipais concretas: Urbanismo, Mobilidade, Feminismo, Cultura…

as Mareas barriais, operando como focos centrados nas diferentes zonas que integran o puzzle da cidade

Dentro deste último apartado, conovocáronse até o de agora citas na Agra do Orzán, Cidade Vella e Mallos-Falperra. Proximamente os ventos e a lúa levan a Marea a outros dous barrios emblemáticos: Elviña e o Birloque.

O vindeiro mércores, 8 de outubro, ás 19:30 h. convocamos a todos os que queiran sumarse diante do Mercado de Elviña, na rúa Salvador de Madariaga, 19, a darlle corrente á Marea de Elviña e do Birloque. Alí onde vexas un punto azul, un micro e un panel onde se anotarán as suxestións, alí estaremos.

Hai Marea. E trae ganas. #MareaElviñaBirloque

 

14_10_08_A3_MAREA ELVINHA BIRLOQUE

Mareas | Marea de Elviña e do Birloque