Novas da Marea

Mareas | Marea Animalista

A Marea Atlántica é unha iniciativa que soña con outra cidade. Con unha, por exemplo, libre do sufrimento animal considerado como cultura. Mais non só iso: tamén cunha cidade que logre harmonizar coa súa contorna natural e os seres que nela habitan, sexan aves, animais que rondan o perímetro urbano ou as criaturas que eliximos para acompañarnos nas nosas casas. A fin de contas, todxs somos animais de compañía.

 

Con tal desexo, convocamos a activación dunha nova Marea, a que fai o número 9: o vindeiro mércores 15 de outubro ás 19:30 da tarde, no Anfiteatro do Parque de Santa Margarida, unha Marea Animalista sementará as bases dunha mellor convivencia e respecto cara a outros seres vivos nesta cidade atlántica. Como sempre, trátase dunha Asemblea Aberta na que, ademais de diferentes grupos e asociacións vencellados ao tema, calquera veciñx desta cidade pode expresarse, propór e participar.

[En caso de chuvia, acubillarémonos na entrada principal do Pazo da Ópera, onda a fervenza]

Animádevos!

 

14_10_15_A3_MAREA ANIMALISTA

Have your say